Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2001 pola que se fixa a data na que se procederá o pagamento dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Vilamarín.

O expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Vilamarín foi aprobado conforme o artigo 145 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e a Orde do 30 de decembro de 1999, polo director xeral de Urbanismo con data do 19 de novembro de 2001. Segundo o establecido no artigo 146.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Na súa virtude, acórdase que o Instituto Galego da Vivenda e Solo proceda a verifica-lo aboamento ou, se é o caso, a consignación dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados, o día 27 de decembro de 2001, ás 10 horas, no salón de actos do Concello de Vilamarín, en presencia do alcalde, o secretario do concello e o representante da Administración. O que terá lugar en cumprimento do disposto no artigo 38 da Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime de solo e valoracións; o artigo 146.2º e 3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia; o artigo 202 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, e o artigo 48 e seguintes do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957.

Ó devandito acto convócanse:

Nº pred.TitularesPrezo xusto

PesetasEuros

7Mª José Gómez Paradela228.7321.374,71

Ignacio e José Álvarez González223.4401.342,90

10Sara e Mercedes Ramona Álvarez González756.1684.544,66

12Sara e Mercedes Ramona Álvarez González1.714.44010.303,99

14Luis Rodríguez Hermida196.9801.183,87

22Luis Rodríguez Hermida603.8763.629,37

25Luis Rodríguez Hermida474.5162.851,90

29Luis Rodríguez Hermida375.1442.254,66

31Luis Rodríguez Hermida419.2442.519,71

34Luis Rodríguez Hermida255.1921.533,73

44Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López944.9165.679,06

45Alicia González Aranguren1.404.7328.442,61

52Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López590.3523.548,09

53Rosa Pérez Noguerol492.1562.957,92

57Héctor Lorenzo Carballo185.2201.113,19

59Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López113.484682,05

59ªAlicia González Aranguren41.748250,91

Nº pred.TitularesPrezo xusto

PesetasEuros

62Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López183.4561.102,59

67ªAntonio Bóveda Bóveda411.6002.473,77

68Mirta María Nóvoa Delgado228.1441.371,17

69Josefa Cao López2.401.39214.432,66

70María Pérez Vázquez688.5484.138,26

79Manuela Sas Lorenzo1.365.3368.205,83

92Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López303.9961.827,05

93Rosa Pérez Noguerol362.2082.176,91

106Mª Luisa Pérez López993.7205.972,38

108Sara e Mercedes Ramona Álvarez González1.955.57211.753,22

109Luis Rodríguez Hermida460.9922.770,62

111José Silva Rey4.979.18429.925,50

120Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López975.4925.862,82

135Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López242.2561.455,99

141aRosa Rúas Rúas764.4004.594,14

141bElisa Pulido Mosquera352.8002.120,37

154José Silva Rey441.0002.650,46

157Manuel Carballo Álvarez4.995.90030.025,96

161Enrique Lorenzo Carballo135.240812,81

162aMª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López741.4684.456,31

165Sara e Mercedes Ramona Álvarez González4.010.52724.103,75

167Herdeiros de José Cougil Vázquez e Lisardo González Pérez13.406.36880.573,89

170Herdeiros de José Cougil Vázquez e Lisardo González Pérez13.600.44081.740,29

188Antonio, Jaime, Manuel, Raúl González Vázquez388.6682.335,94

189Mª Isabel Matínez González269.8921.622,08

204Descoñecido54.096325,12

209Descoñecido188.7481.134,40

Total63.921.783384.177,65

O que se fai público para xeral coñecemento, advertindo que o pagamento se fará a aqueles interesados que acheguen certificación rexistral ó seu favor, na que conste terse estendido a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, no seu defecto, acheguen os títulos xustificativos do seu dereito, completados por certificación negativa do Rexistro da Propiedade referidas ó mesmo predio descrito en tales títulos, conforme o artigo 205 do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.

Non se admitirá representación se non é por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral ou particular para este caso, debendo achega-la documentación necesaria para acredita-la sucesión no caso de ser herdeiros; así mesmo, os comparecentes deberán identificarse co documento nacional de identidade ou, no seu lugar, polo coñecemento directo que testemuñen o alcalde ou o secretario do concello.

Notifíqueselle-la resolución a tódolos titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, e publíquese este acordo no DOG, no BOP e no taboleiro de edictos do concello. A publicación desta resolución serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben tentada esta non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2001.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo