Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público de aluguer de equipos informáticos, polo procedemento aberto e trámite urxente (C.P. 17/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), convoca o seguinte concurso público:

Expediente: C.P. 17/2001.

Obxecto: aluguer de equipos informáticos, con opción de compra.

Orzamento: 41.019.000 pesetas (246.529,15 A), IVE incluído; desagregado nos seguintes lotes:

Lote nº 1: 115 ordenadores persoais.

Lote nº 2: 46 impresoras láser.

Os licitadores poderán concorrer a un ou á totalidade dos lotes.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite urxente.

Prazo de execución: 40 meses.

Admisión de variantes: ata unha.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver punto 16 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: 1) Importe económico: ata 45 puntos. 2) Características técnicas dos equipos: ata 30 puntos. 3) Condicións de mantemento: ata 20 puntos. 4) Outras melloras: ata 5 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, técnicas e demais documentación complementaria deben ser solicitados no Servicio de Compras do Hospital Cristal-Piñor; rúa Ramón Puga, 52 (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados. Para consultar datos: www.sergas.es.

Garantías: provisional: lote nº 1: 4.241,34 A. Lote nº 2: 689,24 A.

Definitiva: 4% do importe de licitación do que fose/n adxudicatario/s.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Cristal-Piñor, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á dirección de RR.EE. do complexo hospitalario, ás 9 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do/s adxudicatario/s.

Ourense, 13 de decembro de 2001.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense