Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración da canteira Ampliación a Lucy, da provincia de Lugo e promovida por José Ferrín Martínez.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG número 199, do 15 de novembro), e durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración da canteira Ampliación a Lucy, situada en terreos do concello da Pobra de Brollón, provincia de Lugo, e solicitado por José Ferrín Martínez.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar dos documentos para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias das delegacións provinciais de Industria e Medio Ambiente correspondentes, así como no Concello da Pobra de Brollón, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria