Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Vidal, concello de Trabada.
Situación: Trabada.
Características técnicas: L.M.T. a 20 kV de 30 m de lonxitude en conductor LA-56. C.T. de Soutillán de 160 kVA, relación 20.000/380-220 V. Redes de B.T. en conductor R.Z., de 5.565 m de lonxitude.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Lugo, 8 de novembro de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo