Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Lorena I, número 4729-1 da provincia de Ourense.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude:

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Lorena I, nº 4729-1, situada en terreos do concello da Gudiña, provincia de Ourense, e solicitado por Alberto Villaverde Seoane.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar dos documentos para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da Consellería Provincial de Industria correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria