Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 12 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican laudos arbitrais correspondentes ás reclamacións instruídas pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, devoltas polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XA 93 e 94/2001).

Pola presente cédula notifícaselles ós reclamados cos datos e último enderezo coñecido sinalados no anexo desta cédula, os laudos arbitrais dictados pola Xunta Arbitral de Transportes, recaídos nos expedientes que se citan no mencionado anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de anulación diante da Audiencia Provincial da Coruña nun prazo máximo de dez días contados desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula e polas causas previstas na Lei 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe, procedendo, se é o caso, á interposición de demanda de revisión nos prazos e supostos previstos nos artigos 509 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

E para que conste e lles sirva de notificación ó reclamado de enderezo descoñecido ou ben ós que intentada a notificación, non se puido practicar, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 12 de novembro de 2001.

Juan carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Reclamante-Reclamado-Último enderezo coñecido-Feitos reclamación-Data-Contía reclamación-Data vista xunta arbitral-Lugar

XA 93/2001

Transportes Ochoa, S.A.

Xosé González Jiménez

Polígono Os Medos

A Pobra de Brollón

(Lugo)

Non pagamento portes transporte

Mes maio de 2001-31.453 ptas.

17-setembro-2001

Dirección Xeral de Transportes

Políg. Fontiñas, edif. Área Central.

Prza. Europa 5 A-2º planta

Santiago de Compostela

Estimada a reclamación

XA 94/2001

Transportes Ochoa, S.A.

Grupo Xovenca, S.L.

Polígono Os Medos

A Pobra de Brollón-Lugo

Non pagamento portes transporte

Meses de febreiro a maio de 2001-388.722 ptas.

17-setembro-2001

Dirección Xeral de Transportes

Políg. Fontiñas, edif. Área Central.

Prza. Europa 5 A-2º planta

Santiago de Compostela

Estimada a reclamación