Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/391-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Central eléctrica Sestelo y Cía.

Domicilio social: Gabino Bugallal 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. urbanización Brisa Canedo-Canedo.

Situación: concello de Ponteareas..

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 300 m de lonxitude, con conductor Al de 95 mm, desde o C.T. de Fonte Vermún ata o C.T. que se proxecta na urbanización Brisa Canedo, en Canedo, no concello de Ponteareas. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/200 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 30 de outubro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra