Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de decembro de 2001, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relaciona unha liquidación de xuros de demora pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Vázquez Diéguez, Manuel).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30

de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase unha liquidación de xuros de demora pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial de Lugo en aplicación do artigo 61.2º da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo en Ronda da Muralla, nº 70-1ª, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 13 de decembro de 2001.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: Vázquez Diéguez, Manuel (33206898-G).

R/ Barxela, 20-1º G, Chantada (Lugo).

Procedemento: liquidación de xuros de demora; liquidación nº 000010003972; exp. 200/01-Z.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA