Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de decembro de 2001, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relaciona unha liquidación complementaria pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Pérez Fernández, Salvador).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase unha liquidación complementaria pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Lugo en aplicación dos artigos 120 e seguintes, e concordantes, da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo en Ronda da Muralla, 70-1ª planta, Lugo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 13 de decembro de 2001.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: Pérez Fernández, Salvador (33773234-B).

R/ Silva-Quiroga, (Lugo).

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; liquidación nº 620100010688; exp. 12264/01-V.