Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de decembro de 2001, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se notifica a liquidación de reintegro de pagamento indebido á persoa que se sinala (Pernas Abad, José).

De conformidade co disposto na Orde do 21 de xullo de 1998, pola que se regula o procedemento de recadación nos supostos de reintegros de axudas ou subvencións públicas, pensións asistenciais e subsidios económicos, e segundo establece o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse, por medio deste anuncio, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces e a publicación do edicto no taboleiro de anuncios do concello respectivo, a liquidación de reintegro do importe que se indica, en concepto de cobramento indebido ancianidade FAS período 1-7-1991 ata 31-12-1993, á persoa que se relaciona no anexo.

O pagamento deberá efectuarse dentro dos prazos fixados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, é dicir, as débedas notificadas entre ós días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior; e as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

O documento de ingreso estará á disposición dos interesados no Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo, con enderezo en Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. O ingreso poderá efectuarse na caixa da propia delegación territorial ou en calquera das entidades colaboradoras autorizadas.

Transcorrido o prazo para o aboamento sen que este teña lugar, procederase ó seu aboamento de acordo co procedemento previsto nas normas reguladoras do procedemento recadatorio na vía executiva.

Lugo, 13 de decembro de 2001.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Debedor: Pernas Abad, José.

A Vara-Xuances, 2, Xove (Lugo).

NIF: 77596416-M.

Importe: 5.188,60 euros, 863.310 pesetas.