Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.385

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (337/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo número 337/2001 contra a empresa V.V. Trans, S.L. sobre cantidade, se dictou a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, o 21 de novembro de 2001, Jorge Hay Alba, maxistrado-xuiz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuizo número 337/2001, seguidos por instancia de Francisco Manuel Ramos Pérez, maior de idade, asistido polo letrado Julio Portela Torrón, e contra a empresa V.V. Trans, S.L. e Fogasa, que non compareceu sendo o obxecto da reclamación de cantidade.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar y estimo a demanda interposta por Francisco Manuel Ramos Pérez contra a empresa V.V. Trans, S.L., condenando a demanda a lle aboar ó actor a cantidade de 457.692 pesetas polos conceptos reclamados na demanda.

Notifícaselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuita deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 25.000 pesetas na conta de depósito e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade con número de conta 5603, clave 65, facendo constar no ingreso o número de expediente.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a empresa V.V. Trans, S.L., mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 21 de novembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado