Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2001, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de substitución de ascensores no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de obras:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 21/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: substitución de ascensores no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 179, do 14 de setembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento cincuenta mil sesenta e un euros e seis céntimos IVE incluído (150.061,06 euros ou 24.968.059 pesetas).

5. Adxudicación.

a) Data: 16 de novembro de 2001.

b) Contratista: Schindler, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento trinta e cinco mil oitocentos cinco euros e vintecinco céntimos, IVE incluído (135.805,25 euros ou 22.596.092 pesetas).

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda