Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.385

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NOIA

EDICTO (62 bis/2001).

María Elena Sánchez Ranz, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido, dou fe que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 62 bis/2001, se segue xuízo de separación contenciosa (medidas provisionais), no cal se dictou a seguinte resolución:

Parte dispositiva:

Acordo: establece-las medidas provisionais seguintes:

1ª. Decreta-la separación provisional dos cónxuxes Ana Herrera Rojo e Juan Carlos Martínez Pouso, quedando revogados tódolos consentimentos e poderes que calquera dos cónxuxes lle outorgase ó outro.

2ª. Atribúese a garda e custodia da filla menor Ainoa Martínez Herrera á nai Ana Herrera Rojo, manténdose o resto das funcións da patria potestade en forma compartida, polo que ámbolos dous proxenitores haberán de actuar de común acordo en todas aquelas cuestións relevantes para a formación, desenvolvemento integral e prevención da saúde da súa filla, absténdose de adoptar decisións unilaterais e sometendo a decisión xudicial as controversias que poidan xurdir no exercicio da patria potestade.

3ª. Atribúese á esposa o uso do enxoval familiar.

4ª. Establécese a favor de Juan Carlos Martínez Pouso, con carácter mínimo e sen prexuízo do que poida acordarse no preito principal, o seguinte réxime de visitas: o pai poderá ter na súa compaña a filla menor Ainoa Martínez Herrero as fins de semana alternas desde as 20 horas do venres ata as 21 horas do domingo, debendo ser recollida e acompañada polo pai a filla, del e ata o domicilio en que resida coa nai; en períodos vacacionais, a metade das vacacións de Nadal, Semana Santa e verán, elixindo os respectivos períodos a nai nos anos impares e o pai nos pares, agás acordo cos cónxuxes que deberá estar necesariamente documentado e asinado por ámbolos dous.

5ª. Establécese pensión alimenticia a favor da filla menor Ainoa na porcentaxe mensual do 30% dos ingresos netos que por calquera concepto perciba mensualmente o pai Juan Carlos Martínez Pouso e que así resulten acreditados. A dita contribución económica deberá ser ingresada nos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que Ana Herrera Rojo designe, sen que sexa admisible ningunha outra forma de pagamento. A dita contía deberá ser actualizada, sen necesidade de previo requirimento, polo obrigado ó pagamento conforme a variación que experimente o IPC.

6ª. Non procede fixar pensión compensatoria por non ser procedente en sede de medidas provisionais.

7ª. E todo iso sen facer especial pronunciamento en materia de custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ó Ministerio Fiscal e fágaselles saber que esta é firme e, polo tanto, contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por este auto, dispóñoo, mándoo e asínoo.

A xuíza.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito e para que conste, para os efectos que procedan, estendo e asino este edicto en Noia o 14 de novembro de 2001.

A secretaria

Rubricado