Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.365

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Seragua-FCCSA, UTE Lei 18/1982 (Vigo).

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Seragua-FCCSA, UTE Ley 18/1982 (Vigo), con nº de código 3602162 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-10-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 16-10-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de outubro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo anos 2001, 2002 e 2003

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo será de aplicación a todo el persoal de la UTE Seragua-FCCSA, concesionaria do Servicio de Abastecemento e Saneamento de Augas de Vigo, quedando excluído expresamente do dito convenio o xerente.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día primeiro de xaneiro de 2001 (1-1-2001), sexa cal sexa a data da súa publicación. Terá unha vixencia de tres anos, que finalizará o 31 de decembro de 2003.

Artigo 3º.-Denuncia.

Ambas partes consideran automaticamente denunciado este convenio ó remate da súa vixencia, é dicir, o 31-12-2003, comprometéndose a inicia-la negociación do próximo convenio un mes antes da finalización da vixencia do actual.

Artigo 4º.-Cláusula contractual.

Por ter este convenio un carácter contractual entre os representantes da empresa e os traballadores, non se poderán modifica-las súas condicións sen un previo acordo entre as partes contratantes, sen prexuízo das modificacións do cadro de persoal acordadas polo órgano de dirección competente, sen menoscabo dos dereitos recollidos no convenio.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

As condicións máis beneficiosas que viñesen desfrutándose individualmente, con anterioridade a este convenio, serán respectadas.

Artigo 6º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non recollido neste convenio rexerase polo Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes aplicables.

Artigo 7º.-Categorías profesionais.

As categorías profesionais nas que han de estar encadrados, a título meramente enunciativo, os traballadores acollidos a este convenio serán:

Persoal titulado e técnico.

Director de departamento.

Xefe de departamento, T.G.S., T.G.M. con xefatura.

Encargado de departamento, T.G.M.

Sede de servicio con dirección T.G.S. junior.

Xefe de servicio.

Encargado de sección.

Inspector de obra.

Delineante.

Analista de laboratorio.

Persoal administrativo.

Xefe de sección/negociado.

Subxefe de sección/negociado.

Oficial 1ª administrativo.

Oficial 2ª administrativo.

Auxiliar administrativo.

Encargado de cobradores-lectores.

Inspector de subministración e inspector de saneamento.

Cobrador-lector, cobrador e lector.

Almaceneiro.

Telefonista.

Persoal operario.

Encargado xeral.

Subencargado xeral.

Capataz.

Subcapataz.

Oficial 1ª operario.

Oficial 2ª operario.

Oficial 3ª operario.

Peón especialista.

Peón.

Persoal subalterno.

Conserxe.

Ordenanza.

Porteiro vixilante-garda-sereno.

Limpadora.

Persoal sanitario.

Médico (xornada de dúas horas diarias).

ATS (xornada de tres horas diarias).

Artigo 8º.-Ingresos.

O ingreso na empresa efectuarase de acordo coa normativa vixente, mediante a correspondente oferta de emprego ante o organismo competente, e posterior superación das correspondentes probas de acceso.

Artigo 9º.-Ascensos e vacantes.

As vacantes e ascensos que se produzan en tódalas categorías encadradas no grupo de persoal titulado e técnico, as categorías de xefe de sección/negociado e subxefe de sección/negociado do grupo de persoal administrativo e as categorías de encargado xeral, subencargado xeral e capataz do grupo de persoal operario, serán cubertas libremente pola dirección da empresa, de acordo coa normativa laboral vixente.

Cando se produza un ascenso ou unha vacante nas restantes categorías, cubrirase entre o persoal fixo da empresa, mediante concurso-oposición. En caso de non cubrirse a vacante na primeira convocatoria co persoal fixo do cadro de persoal, a dirección da empresa procederá nos termos establecidos para o sistema de ingresos.

Consideraranse vacantes aquelas prazas non cubertas, a excepción das que a empresa considere amortizables, sen prexuízo dos dereitos do comité de empresa.

Para a cobertura das vacantes, a dirección da empresa e dentro dos dous meses seguintes, procederá a convoca-lo respectivo concurso-oposición, coa publicación das bases do concurso no que se farán consta-las características da praza que se vai

cubrir, programa do concurso e a constitución do tribunal cualificador. No prazo máximo de catro meses, a raíz da publicación da convocatoria, a empresa procederá a cubri-la citada vacante.

As bases e programas dos concursos oposicións serán fixadas polo tribunal cualificador.

A composición do tribunal será a seguinte:

Un presidente e catro vocais (e os seus suplentes).

O presidente e dous vocais serán designados pola dirección da empresa.

Os outros dous vocais serano polo comité de empresa.

Para os efectos do concurso consideraranse méritos preferentes:

Antigüidade: 0,05 puntos por ano de servicio.

Idoneidade para o posto: ata 0,50 puntos.

Responsabilidade e capacitación profesional: ata 1,00 puntos.

Calquera outro mérito, a xuízo do tribunal: ata 1 punto.

O tribunal cualificará por separado o concurso de méritos e as probas selectivas. Estas últimas serán cualificadas de cero (0) a dez (10) puntos. A vacante será cuberta por quen alcance a maior puntuación total.

Artigo 10º.-Estructura salarial.

A estructura das retribucións do persoal acollido a este convenio axustarase ós seguintes conceptos:

Salario base.

Complementos salariais.

Artigo 11º.-Salario base.

Ano 2001: o salario base convenio é o fixado na táboa anexa I.

Cláusula de revisión.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC) establecido polo INE rexistrara ó 31-12-2001 un incremento superior ó IPC previsto polo Goberno para o ano 2001, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra, tan pronto se constate oficialmente esta circunstancia.

O seu pagamento producirase ó mes seguinte da súa constatación oficial, con carácter retroactivo desde o 1-1-2001.

Ano 2002: o salario base convenio é o fixado na táboa salarial definitiva do ano 2001, incrementada no IPC previsto polo Goberno para o ano 2002.

Cláusula de revisión.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC) establecido polo INE rexistrara ó 31-12-2002 un incremento superior ó IPC previsto polo Goberno para o ano 2002, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra, tan pronto se constate oficialmente esta circunstancia.

O seu pagamento producirase ó mes seguinte da súa constatación oficial, con carácter retroactivo desde o 1-1-2002.

Ano 2003: o salario base convenio é o fixado na táboa salarial definitiva do ano 2002, incrementada no IPC previsto para o Goberno para o ano 2003.

Cláusula de revisión.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC) establecido polo INE rexistrara ó 31-12-2003 un incremento superior ó IPC previsto polo goberno para o ano 2003, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra, tan pronto se constate oficialmente esta circunstancia.

O seu pagamento producirase ó mes seguinte da súa constatación oficial, con carácter retroactivo desde o 1-1-2003.

Artigo 12º.-Complementos salariais.

Todo o persoal percibirá os correspondentes complementos salariais de acordo co establecido nos seguintes artigos.

Artigo 13º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores que ingresaran na empresa no ano 1998 ou anteriores, percibirán sobre os salarios fixados na táboa anexa I en concepto de antigüidade, as porcentaxes establecidas na táboa anexa II.

Tódolos traballadores que ingresaran na empresa no ano 1999 ou posterior percibirán en concepto de antigüidade os importes establecidos na táboa anexa III.

Artigo 14º.-Participación en beneficios.

O persoal acollido a este convenio percibirá por tal concepto o 19% de importe de doce mensualidades de salario base e antigüidade, segundo corresponda á súa categoría.

Calendario de pagamento.

Mes de abril: o 50% da paga de beneficios, o seu cálculo corresponde ó 2º semestre do ano anterior.

Mes de agosto: o 50% da paga de beneficios, o seu cálculo corresponde ó 1º semestre do ano en curso.

O persoal de novo ingreso, ou o que cese durante o ano, percibirá unicamente a parte proporcional que corresponda ó tempo efectivamente traballado.

Artigo 15º.-Pagas extraordinarias.

O persoal acollido a este convenio percibirá catro pagas extraordinarias de devengo trimestral, por un importe cada unha delas dunha mensualidade, calculadas sobre o salario base máis antigüidade, sendo efectivas o 28 de febreiro, 30 de xuño, 30 de outubro e 21 de decembro.

O cómputo efectuarase do seguinte modo:

TrimestreAboamento

Decembro, xaneiro, febreiroFebreiro

Marzo, abril, maioXuño.

Xuño, xullo, agostoOutubro.

Setembro, outubro, novembroDecembro.

O persoal de novo ingreso, ou que cese durante o primeiro semestre do ano, percibirá unicamente a parte proporcional das pagas extraordinarias de febreiro e xuño que corresponda ó tempo efectivamente traballado. Idéntico criterio aplicarase para aquel persoal que ingrese ou cese na empresa no segundo semestre do ano, respecto ás pagas extraordinarias de outubro e decembro.

Artigo 16º.-Complemento de toxicidade.

O complemento por traballos tóxicos fíxase nun vinte por cento (20%) do salario base en cada categoría. Aplicarase ós que efectúen cambios de contedores ou botellas de cloro, ou reparen avarías nos aparellos de dosificación, así como a todos aqueles traballadores que lles corresponda segundo a lei vixente na materia.

Artigo 17º.-Complemento de transporte.

Ano 2001.

Aboaráselle a cada un dos traballadores da empresa a cantidade de vinteúnha mil cento setenta e tres (21.173) ptas (cento vintesete euros con vintecinco céntimos) (127,25) mensuais por este concepto, entendéndose en todo caso, absorbida calquera cantidade que puidese devengarse en concepto de complemento de distancia. O complemento de transporte pagarase por mes efectivamente traballado.

Para os anos 2002 e 2003 actualizarase e revisarase cos mesmos criterios que os establecidos no artigo 11º.

Artigo 18º.-Complemento de puntualidade e asistencia.

Ano 2001.

Todo traballador percibirá en concepto de complemento de puntualidade e asistencia a cantidade de mil trinta e tres (1.033 ptas.) (seis euros con vinteún céntimos) (6,21) por día traballado.

Con independencia das medidas disciplinarias correspondentes, por cada falta de puntualidade inxustificada na entrada ó traballo descontarase o importe correspondente a dous días do dito complemento.

Para os anos 2002 e 2003 actualizarase e revisarase cos mesmos criterios que os establecidos no artigo 11º.

Artigo 19º.-Quendas.

Os traballadores que realicen ou deban realiza-la súa xornada laboral polo sistema de quendas, xa sexa por futuras contratacións ou por necesidades da empresa, percibirán por tal concepto un complemento do trinta por cento (30%) do seu salario base, incrementado nun cinco por cento (5%) cando

faga a xornada en quenda de noite, quedando absorbidos respecto a estes traballadores a específica retribución por traballos nocturnos.

Artigo 20º.-Quebranto de moeda.

Anos 2001, 2002, 2003.

A empresa non exime a obriga de repoñer posibles perdas de diñeiro a aqueles traballadores cunha función que leve implícito o manexo de diñeiro.

Non obstante, como compensación do anterior, aboaráselles a cada un dos traballadores a cantidade de nove mil cento cincuenta e unha (9.151 ptas.) (cincuenta e cinco euros) (55) por mes efectivamente traballado.

Artigo 20º bis.

Quilometraxe.

Anos 2001, 2002, 2003.

Todo traballador que utilice o vehículo da súa propiedade por conta da empresa percibirá a cantidade de trinta e cinco ptas./quilómetro (35 ptas/km) (vinteún céntimos de euro (0,21 euros). Será necesaria a aprobación do gasto por parte do director correspondente.

Enténdese que as melloras serán de aplicación a partir da data da sinatura do convenio colectivo.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

Con motivo de favorece-la creación de emprego, reducirase ó máximo a realización de horas extraordinarias, suprimindo todas aquelas que non sexan debidas a causas de forza maior, ou a necesidades de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios urxentes.

As horas extraordinarias causadas por forza maior necesarias por acumulación de tarefas, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural, por causa da natureza do traballo que se vai executar, poderanse realizar cando non sexa posible a súa substitución por contratacións temporais previstas pola lei.

Entregarase mensualmente a relación especificada do número de horas realizadas ó comité de empresa, facendo consta-la clase de traballo realizado.

O valor da hora extra será reflectido na táboa anexa IV.

Artigo 22º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 37,5 horas semanais para tódolos traballadores da empresa sen flexibilidade.

O horario ó longo do ano será o seguinte:

Persoal a quendas:

Quenda de mañá: de 7 a 15 horas.

Quenda de tarde: de 15 horas a 23 horas.

Quenda de noite: de 23 horas a 7 horas.

Persoal con xornada continuada.

De luns a venres: de 7.30 a 15 horas.

Persoal de limpeza:

De luns a venres: desde as 15 horas, ata as 22.30 horas.

Quedan excluídos deste horario aqueles contratos de traballo que pola función específica deban realiza-lo seu traballo noutro horario distinto ó establecido na empresa para as categorías e funcións actuais.

Todo o persoal desfrutará de tres pontes ó ano: o persoal de quendas acomodarase de acordo co calendario existente, negociándose entre a dirección e o comité de empresa na última quincena do ano anterior, sempre que antes desta data se publicara o calendario laboral incluíndo as festas locais.

Dentro do horario desfrutarase unha pausa de trinta minutos. Esta pausa levarase a cabo en quendas sucesivas, de forma que os servicios non queden desatendidos, e dentro do horario que a dirección sinale para cada grupo de traballadores.

Artigo 23º.-Quendas.

Ó face-las quendas rotativas teranse en conta os seguintes criterios:

1. Rotatividade de tódolos traballadores que estean inmersos nel.

2. Constitución dun calendario anual que estableza a xornada semanal e os descansos de cada traballador.

3. Igualdade de descansos para desfrute dos sábados, domingos e festivos.

4. O cuadrante anual de quendas confeccionado cos criterios establecidos publicarase no taboleiro de anuncios da empresa na última quincena do ano anterior.

5. O dito cuadrante conterá o cómputo da xornada anual, días que se van traballar e descansos así como os compoñentes dos equipos e a súa asignación ás quendas.

Se por necesidade da empresa se establecese ou ampliase o sistema de quendas, cubriranse preferentemente con traballadores fixos da empresa, e sempre que non exista impedimento legal. En caso contrario, a empresa procederá á contratación externa.

Artigo 24º.-Vacacións.

Tódolos traballadores terán dereito a un período de vacacións anuais de 25 días laborables (vintecinco), que desfrutarán preferentemente no período comprendido entre o primeiro de abril e o trinta e un de outubro.

Para o desfrute das vacacións fixarase un calendario rotativo, dentro de cada servicio, en función do período de desfrute previsto, que garanta que ningún traballador poida verse discriminado. Sen

embargo, o calendario definitivo recollerá aquelas modificacións propostas polos traballadores, e libremente pactadas entre eles, sempre que non afecten significativamente ó servicio ou sección ó que estean asignados.

A retribución en período de vacacións será: salario base máis antigüidade, máis os complementos de puntualidade asistencia, transporte e complemento de quendas en caso de que o traballador estea acollido ó sistema de quendas.

Artigo 25º.-Festas.

Terán a consideración de festas todas aquelas que regulamentariamente estean determinadas, tamén o día 1 de xuño, día da patroa. Se o 1 de xuño fora día non laborable, cambiarase polo día inmediatamente anterior ou posterior.

Artigo 26º.-Premio de permanencia.

Tódolos traballadores afectados por este convenio percibirán por este concepto:

Ó cumprir 10 anos de antigüidade na empresa, o importe dunha paga extraordinaria.

Ó cumprir 20 anos de antigüidade na empresa, o importe de dúas pagas e media extraordinarias.

Ó cumprir 30 anos de antigüidade na empresa, o importe de tres pagas e media extraordinarias.

Terán dereito a percibi-la parte proporcional do premio que puidera corresponderlle (en función dos anos de antigüidade na empresa, os herdeiros dos traballadores con contrato que se extinga polo seu falecemento.

No momento da xubilación practicarase a liquidación da parte proporcional do premio que puidera corresponderlle en función dos anos de antigüidade na empresa.

Artigo 27º.-Xubilación.

a) Ó cumprir sesenta anos de idade, un traballador se ten prestados trinta anos de servicio na empresa, esta ou o traballador poderán propoñe-la xubilación anticipada.

Aceptada e concedida esta pola Seguridade Social, a empresa completará a diferencia entre a prestación por xubilación e o cen por cento do salario que tivera o traballador no momento de xubilarse anticipadamente ata que o traballador cumpra os sesenta e cinco anos de idade.

b) O traballador acollido ós criterios de xubilación voluntaria fixados neste artigo non poderá exercer cargo nin posto de traballo retribuído en ningunha empresa. En caso de que así o fixera, deixaría de percibi-lo complemento de xubilación.

c) Co obxecto de favorece-la xubilación anticipada, a empresa estudiará a fórmula de atenuar parcialmente a perda do complemento de xubilación ó cumpri-los sesenta e cinco anos de idade, ós traballares acollidos ó sistema de xubilación anticipada.

d) A xubilación será obrigatoria ó cumpri-lo traballador a idade de sesenta e cinco anos. Non obstante, esta idade considerase sen prexuízo de que todo o traballador poida completa-los períodos de carencia para a xubilación, neste suposto a xubilación obrigatoria produciríase ó completa-lo traballador os ditos períodos de carencia na cotización á Seguridade Social.

Artigo 28º.-Anticipos reintegrables.

Todo o persoal suxeito a este convenio poderá solicitar, con cargo ó fondo establecido neste artigo, anticipos reintegrables, que serán concedidos por unha misión paritaria, empresa-traballadores, que se creará para o efecto. En caso de falta de acordo na citada comisión, decidirá a dirección da empresa.

A forma de amortización será:

Unha mensualidade para amortizar en doce meses.

Dúas mensualidades para amortizar en vintecatro meses.

Establécese catrocentas tres mil trescentas vinte (403.320) ptas. (dous mil catrocentos vintecatro euros, 2.424 euros) como cantidade máxima para solicitar por anticipo e solicitante.

Agás mellor criterio da comisión, as solicitudes atenderanse por estricta orde de petición.

A empresa destinará, para este fin, a cantidade de: quince millóns cento corenta e unha mil cento vinteseis ptas. (15.141.126 ptas.) (noventa e un mil euros) (91.000 euros) durante a vixencia do convenio.

Considéranse incluídas no fondo de cada ano as cantidades pendentes de reintegrar dos anticipos concedidos nos exercicios anteriores.

A comisión estudiará as solicitudes fundadas en necesidades moi graves e de carácter imprevisto (falecemento, enfermidade moi grave do traballador ou dos achegados directos que convivan con el), co obxecto de fixa-la prioridade sobre a establecida. A comisión de anticipos reintegrables está facultada para esixir xustificación de que o anticipo concedido sexa destinado ó fin para o que foi solicitado. Se o traballador non o xustifica debidamente, deberá reintegra-la cantidade concedida no prazo máximo dun mes, a partir da data de petición da xustificación por parte da comisión.

Artigo 29º.-Ferramentas e roupa de traballo.

Subministraranse a todo o persoal as necesarias ferramentas e útiles e roupa de traballo.

Así mesmo, a empresa facilitaralles ós traballadores as pezas de roupa de traballo habituais, quedando determinada a súa entrega na forma seguinte:

Servicio médico, laboratorio e persoal de limpeza.

Batas: 2 ó ano.

Zocos: 1 par ó ano.

Ó persoal de limpeza proveráselle, adicionalmente, dunha peza de roupa de inverno, impermeable, cada dous anos.

Persoal que dirixe ou realiza traballos na rúa.

Anorak: 1 cada dous anos.

Conserxe, ordenanza, lectores-cobradores, inspectores e porteiros V.G.S.

Camisa de maga curta: 2 ó ano.

Camisa de manga longa: 2 ó ano.

Pantalón de verán: 1 ó ano.

Pantalón de inverno: 1 ó ano.

Xersei: 1 ó ano.

Zapatillas, zapato verán: 1 par ó ano.

Zapato inverno: 1 par ó ano.

Anorak: 1 cada dous anos.

Choferes, persoal operario da rede, estacións depuradoras, presas, porteiros V.G.S., almaceneiros e persoal de contadores.

Funda ou peza similar: 1 ó ano.

Conxunto de dúas pezas en mahón ou algodón: 1 ó ano.

Camisa de manga curta: 2 ó ano.

Roupa de auga (cando o posto de traballo así o requira): 1 ó ano.

Botas de seguridade (cando o posto de traballo así o requira): 1 ó ano.

Botas para auga (cando o posto de traballo así o requira): 1 par ó ano.

Toallas: 2 ó ano.

Anorak: 1 cada dous anos.

En casos especiais, cando a realización do traballo se producise unha rápida deterioración da roupa de traballo, a empresa fará entrega doutras novas.

Como norma xeral, será obrigatoria a utilización da roupa de traballo durante a xornada laboral.

As datas de entrega serán aproximadamente o primeiro de outubro para as pezas de inverno e o un de xuño para as de verán.

Artigo 30º.-Compensación por comidas fóra da casa.

Anos 2001, 2002 e 2003:

Ó persoal que, por necesidades da empresa, teña que comer ou cear fóra do seu domicilio e dentro do termo municipal, aboaráselle a cantidade de dúas mil seiscentas sesenta e dúas pesetas (2.662), (dezaseis euros 16), por cada unha das comidas que se vexa obrigado a realizar fóra da casa.

Enténdese que as melloras pactadas serán de aplicación a partir da sinatura do convenio colectivo.

Artigo 31º.-Fondo social.

Anos 2001, 2002 e 2003:

O importe do fondo social para axuda de estudios, cultura, deporte, turismo social, etc, será de cinco millóns oito mil duascentas dezanove pesetas (5.008.219), (trinta mil cen euros (30.100) anuais con destino a tódolos traballadores.

Unha comisión mixta paritaria, formada pola dirección da empresa, ou persoas en quen delegue, e os representantes dos traballadores aprobarán os criterios e programas vixiando a distribución destes fondos e a contía que se vai aplicar en cada caso.

Artigo 32º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e períodos seguintes:

20 días naturais en caso de matrimonio /parella de feito.

7 días naturais en caso de falecemento de cónxuxe ou fillos.

5 días naturais en caso de enfermidade grave de fillo ou cónxuxe.

5 días naturais por nacemento de fillo.

3 días naturais en caso de interrupción legal do embarazo.

3 días naturais en caso de falecemento de pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou do seu cónxuxe.

2 días por traslado de domicilio.

2 días por asuntos propios (previo aviso de 72 horas).

2 días naturais por enfermidade grave de pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou do seu cónxuxe.

As licencias enténdense vinculadas ó feito causante, debéndose desfrutar ó producirse este.

Artigo 33º.-Situación de incapacidade transitoria.

A empresa aboaralles a tódolos traballadores durante a situación de IT e desde o primeiro día a diferencia entre as prestacións da Seguridade Social e o cen por cen do salario base máis antigüidade, complemento de asistencia e complemento de quendas, se é o caso.

Artigo 34º.-Extinción do contrato por causas obxectivas.

Se por calquera motivo, a empresa, no seu libre dereito de aplicación da lexislación vixente, pretendese facer uso ós traballadores da empresa acollidos ó convenio da extinción do contrato por causas obxectivas, con carácter obrigatorio, iniciaríase un expediente contradictorio no que, no prazo de quince días terá que emitir informe motivado e razoado ó comité de empresa e sindicato ó que o traballador

estivera afiliado. Se despois dos informes emitidos polo comité e o sindicato correspondente, a postura da empresa fose oposta a ambas entidades representativas, o traballador afectado, de acordo coa Lei de procedemento laboral, poderá recorrer contra a dita resolución. Se o traballador non estivese afiliado a ningún sindicato, o informe sería emitido unicamente polo comité de empresa.

Artigo 35º.-Formación profesional.

Considérase do maior interese a formación e capacitación das persoas que integran o seu cadro de persoal, en especial, para canto permita o perfeccionamento profesional sen descoidar aqueles aspectos intelectuais, culturais e humanísticos que conforman a lexítima aspiración do home como persoa.

Para iso a dirección estudiará, co comité de empresa e os delegados sindicais, un plan de formación co obxecto de determina-las necesidades específicas.

Programaranse cursos, dentro ou fóra da empresa, dirixidos a proporcionarlle ó persoal os coñecementos de carácter xeral ou profesional adecuados ás esixencias de cada posto. O contido destes cursos versará, fundamentalmente, sobre os seguintes aspectos:

Formación sobre novas tecnoloxías e métodos de traballo ou perfeccionamento dos actuais.

Técnicas de motivación, integración en obxectivos e exercicio do mando.

Cursos de reconversión e readaptación profesional.

O plan de formación prestará atención especial a facilita-lo acceso a aqueles coñecementos que, facilitando a obtención de mellores rendementos, fagan posible o ascenso profesional dos traballadores máis capaces.

A dirección da empresa informará ó comité sobre a reconversión tecnolóxica. As posibles reciclaxes que deriven dela serán estudiadas na comisión de formación profesional, para os efectos de establece-las accións concretas de tipo formativo que resulten máis axeitadas.

A comisión de formación profesional estará constituída por unha representación da empresa, comité de empresa e delegados sindicais.

Nos casos nos que a formación profesional teña lugar na xornada ordinaria, será obrigatoria para o traballador a asistencia a ela.

En caso de que a formación tivera lugar fóra da xornada, a asistencia a ela será voluntaria.

Artigo 36º.-Excedencia.

De acordo co establecido na norma vixente sobre a materia, o traballador que estea na situación de excedencia incorporarase na primeira vacante que exista na súa categoría profesional, logo de solicitude formal do traballador. De non existir tal praza a empresa destinarao, se así o solicitase o traballador,

á que xulgue máis idónea profesionalmente. O prazo para solicita-lo reingreso será de trinta días.

Concederanse excedencias de seis meses por maternidade, ingresando ó dito termo de forma inmediata logo de cumprimento dos requisitos en canto a solicitude por escrito e prazo, debendo ser destinada a traballadora a un posto de categoría que posuía no momento de causa-la excedencia e sen mingúa das súas condicións laborais.

Artigo 37º.-Condicións especiais.

Cando por motivo do exercicio da súa función profesional na empresa lle retirasen o título profesional a calquera traballador da empresa, a dirección poderá adaptalo a outro posto de traballo por un período máximo de tres meses, sen menoscabo nin prexuízos para a empresa e coa reserva, en todo caso, das facultades inherentes da dirección da empresa.

O traballador percibirá o salario establecido para a categoría á que se adapte. Restituído o título profesional, o traballador reintegrarase de inmediato ó seu posto de traballo.

Artigo 38º.-Seguridade e saúde laboral.

O comité de seguridade e saúde exercerá o seu labor, de acordo coa lexislación vixente nesa materia.

Todo traballador será recoñecido, polo menos unha vez ó ano. O resultado destes recoñecementos facilitaráselle a cada traballador de forma clara e lexible.

Cando por razóns médicas non sexa aconsellable a permanencia dun traballador no seu posto de traballo por entrañar risco para a saúde, o médico da empresa remitirá informe á dirección e ó comité de empresa, que deberán adopta-las medidas necesarias para o seu traslado a outro posto de traballo, seguindo as recomendacións da normativa vixente nesta materia.

Artigo 39º.-Domiciliación bancaria.

Tódolos traballadores percibirán a nómina, así como os anticipos a conta do salario, a través dunha entidade bancaria ou de aforro.

Artigo 40º.-Comité de empresa.

Será o órgano representativo de tódolos traballadores da empresa na defensa dos intereses xerais e comúns e estará especialmente capacitado para a denuncia, iniciación e deliberación da negociación e todas aquelas facultades establecidas pola lei.

Serán funcións do comité de empresa:

a) De representación.

Terá a representación de tódolos traballadores adscritos ós respectivos centros de traballo para a defensa dos seus intereses, intervindo nas cuestións que se susciten en relación co persoal ó que representen.

b) De información.

Será informado pola empresa nos casos seguintes:

Cun mes de antelación da implantación ou reestructuración de servicios e sistemas de traballo.

Plan de creación de novos postos de traballo.

Non superación polo persoal do período de proba ós que sexan sometidos nos casos de novo ingreso e concurso.

Da iniciación de expedientes por faltas graves, moi graves e despedimentos de traballadores que posúan representación sindical.

De complementos de carácter persoal e extrasalariais.

Antes de inicia-la sanción de calquera tipo dun vocal do comité darán coñecemento previo ó comité de empresa.

Antes de impoñer sanción a calquera traballador, será comunicado ós representantes dos traballadores.

Relación nominal de horas extraordinarias mensuais.

Cambios definitivos de postos de traballo.

c) De proposta.

Terán dereito a propoñerlle á dirección da empresa con carácter xeral melloras e, en particular, sobre os aspectos seguintes:

Relación de postos de traballo que se consideren apropiados para os traballadores con capacidade diminuída e relación dos que poidan ser destinados a outros.

Solución respecto ós conflictos que puideran suscitarse no seo da empresa.

Creación e definición de novas categorías profesionais que afecten ó persoal regulado por este convenio.

d) De participación.

O comité de empresa participará coa dirección no seguinte:

Comité de seguridade e saúde no traballo.

Asistencia dun membro do comité de empresa con voz e sen voto nas reunións do consello de administración, declárase en suspenso por non ser de aplicación na UTE Seragua FCCSA.

Tribunais de concurso-oposición e probas de aptitude para a selección e promoción profesional de promoción interna.

Visado de novos contratos de traballo.

e) De vixilancia.

Exercerá un labor de vixilancia nas seguintes materias:

Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e da Seguridade Social, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante a empresa e os organismos e/ou tribunais competentes.

Condicións de seguridade e saúde laboral no traballo.

Artigo 41º.-Medios á disposición dos representantes dos traballadores para o cumprimento das súas funcións.

Cando o traballador teña cargo sindical e fose convocado regulamentariamente pola empresa a unha reunión terá dereito á licencia retribuída polo tempo preciso. Para o exercicio das funcións detalladas nos puntos anteriores, cada membro disporá de trinta horas mensuais.

Estas horas serán acumulativas no conxunto do comité de empresa. A acumulación das ditas horas terá que basearse na comunicación á empresa por parte do comité e con motivo de desenvolve-la súa función sindical: asistir a asembleas, congresos, cursos de formación sindical e outros actos similares organizados polos respectivos sindicatos ou derivados de organismos oficiais.

A dirección da empresa seguirá facilitando un local ó comité de empresa para que este poida exerce-lo dereito de reunión que lles é propio. O dito local estará disposto para funcionar tanto en horas de traballo como fóra delas.

Con obxecto de que o comité de empresa poida exerce-lo dereito que o asiste de comunicación e información ós traballadores, a dirección da empresa porá á súa disposición os medios necesarios, tales como taboleiros de anuncios en cada un dos talleres ou plantas das distintas dependencias de traballo, así como todos aqueles medios que necesiten para o desenvolvemento normal das súas funcións.

En casos excepcionais e logo de autorización da empresa poderán exerce-lo dereito de comunicación e información ós traballadores de forma directa e en horas de traballo, sen que isto poida prexudica-la súa realización.

Acción sindical.

Os afiliados ós sindicatos con implantación na empresa e agrupados nas respectivas seccións sindicais poderán requirir da empresa o desconto en nómina da cota correspondente.

Son funcións das seccións sindicais ademais das que por lei correspondan, as seguintes:

Fixar nos taboleiros de anuncios todo tipo de comunicacións, convocatorias e, en xeral, calquera documento do sindicato.

As seccións sindicais poderán utiliza-los mesmos locais habituais que use o comité de empresa, logo de acordo entre ambos.

Aquela central sindical que teña unha representación do 10% no comité de empresa contará cun delegado sindical que disporá de trinta horas retribuídas mensuais.

Artigo 42º.-Asemblea de traballadores.

Os traballadores de calquera centro de traballo terán dereito a reunirse en asemblea, que poderá ser convocada polo comité de empresa ou sección sindicais.

O ámbito de reunión poderá ser:

A totalidade do cadro de persoal, sección, planta, departamento, taller, nave, etc.

A asemblea será presidida en todo caso polo comité de empresa, o sindicato convocante, que serán responsables do seu normal funcionamento.

O órgano convocante comunicará con 48 horas de antelación que será reducido a 24 en casos urxentes, á dirección da empresa a convocatoria e acordará con esta as medidas oportunas para evitar prexuízos na actividade normal da empresa.

O lugar de reunión será o centro de traballo. A empresa habilitará para este fin o local adecuado para a súa celebración. Se a empresa non dispuxese de local adecuado no centro de traballo, habilitará outro fóra del. Cada traballador terá dereito a permanecer en asemblea en horas de traballo un total de 12 horas anuais.

Artigo 43º.-Garantías fronte a medidas disciplinarias.

Todo traballador que teña representación sindical das reguladas nos artigos anteriores, non poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, sempre que o despedimento ou sanción se basee en actuación do traballador en exercicio legal da súa representación.

Se o despedimento ou calquera outra sanción por suposta falta grave ou moi grave obedecera a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio con audiencia do traballador e comunicación cunha antelación de polo menos 5 días ó órgano representativo ó que pertenza.

Artigo 44º.-Autorregulación da folga.

Ámbalas partes conveñen expresamente que durante o período de vixencia deste convenio non se producirá conflictividade social nin laboral ningunha en canto ós acordos alcanzados, sempre e cando ámbalas dúas partes cumpran os compromisos contraídos.

Se os traballadores en defensa dos seus lexítimos intereses exercesen o dereito constitucional de folga, os órganos ou órgano convocante dela constituirase automaticamente un comité de folga, onde seguirán exercendo a súa función representativa con motivo de garantir un interlocutor entre os traballadores e a empresa.

Tendo en conta o carácter da empresa, a dirección desta e o órgano convocante constituirase un comité mixto paritario, que acordará os servicios mínimos que en todo momento deberán ser cubertos.

Os traballadores designados polo comité mixto terán a obriga inherente de exerce-la súa función profesional.

Ámbalas dúas partes poderán incorporar ó comité asesores e técnicos sindicais.

Artigo 45º.-Reunións do comité de empresa e a dirección.

O comité de empresa e a dirección reuniranse para estudia-los futuros problemas que poidan xurdir por motivos laborais e outros relacionados cos traballadores da empresa, sempre que unha das partes o solicite. A estas reunións poderán asisti-los delegados das seccións sindicais.

Artigo 46º.-Comisión mixta interpretativa do convenio.

Cantas dúbidas xurdan en relación coa interpretación do convenio poderán ser sometidas á comisión paritaria, que estará constituída por tres (3) representantes designados polo comité de empresa, tres (3) pola dirección da empresa, poderán asisti-los delegados das seccións sindicais con voz e sen voto.

Polo menos un dos representantes da dirección da empresa e do comité de empresa deberá ter formado parte da comisión negociadora respectiva no convenio.

Artigo 47º.-Seguro de accidentes.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de accidentes de traballo que garanta a cada traballador as seguintes indemnizacións:

a) En caso de falecemento por accidente de traballo ou enfermidade profesional: 1.514.112 ptas (9.100 euros).

b) En caso de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional: 2.013.271 pesetas (12.100 euros).

Disposición derradeira

Son partes asinantes deste convenio colectivo:

Pola parte económica:

José Luis García Ibáñez.

Andrés F. Mariño Vilar.

Pola parte social.

Luis Rodríguez Pérez, presidente comité.

José Enrique Blanco Pereira, secretario comité.

Joaquín Suárez Davila.

Roberto García García.

Luis Ozores Pérez.

Guillermo García Hermida.

Manuel Rodríguez Rodríguez.

Luis Gayo Rivas.

Luis A. Clavo Iglesias.

Antonio A. Rey Breijo, delegado sindical (CC.OO.).

Eduardo Berjano Rodríguez, delegado sindical (UGT).

José M. Pereira Souto, delegado sindical (CIG).

ANEXO I

Retribucións dos traballadores

Importe

CategoríasPtas.Euros

Persoal titulado e técnico
Director de departamento375.7382.258,23
Xefe de departamento, T.G.S., T.G.M. con xefatura324.3361.949,30
Encargado de departamento, T.G.M.279.9631.682,61
Xefe de servicio con dirección, T.G.S. junior213.3961.282,54
Xefe de servicio202.3031.215,87
Encargado de sección191.2101.149,20
Inspector de obra180.1171.082,53
Delineante180.1171.082,53
Analista de laboratorio180.1171.082,53

Persoal administrativo
Xefe de sección/negociado191.2101.149,20
Subxefe de sección/negociado180.1171.082,53
Oficial 1ª administrativo169.0211.015,84
Oficial 2ª administrativo157.931949,18
Auxiliar administrativo146.834882,49
Encargado de cobradores-lectores157.931949,18
Inspector subministración-insp. saneamento157.931949,18
Cobrador-lector, cobrador e lector146.834882,49
Almaceneiro141.291849,18
Telefonista135.741815,82

Persoal operario
Encargado xeral191.2101.149,20
Subencargado xeral180.1171.082,53
Capataz169.0211.015,84
Subcapataz157.931949,18
Oficial 1ª operario146.834882,49

Importe

CategoríasPtas.Euros

Oficial 2ª operario141.291849,18
Oficial 3ª operario138.517832,50
Peón especialista135.741815,82
Peón130.198782,51

Persoal subalterno
Conserxe152.386915,86
Ordenanza146.834882,49
Porteiro-vixilante-garda-sereno141.291849,18
Limpadora124.648749,15

Persoal sanitario
Médico (xornada de dúas horas diarias)111.754671,66
ATS (xornada de tres horas diarias)110.499664,11

ANEXO II

Táboa de antigüidades

2 anos4%
4 anos8%
6 anos12%
8 anos16%
10 anos20%
12-15 anos25%
16 anos32%
18 anos36%
20 anos40%
22 anos44%
24 anos48%
26 anos52%
28 anos56%
30 anos60%

ANEXO III

Retribución de antigüidade para o persoal de novo ingreso a partir do 1-1-1999

Táboa de antigüidades

Categorías1 quinq.2 quinq.3 quinq.4 quinq.5 quinq.6 quinq.

TodasPtas. mes5.0007.50010.00012.50015.00020.000

Euros mes30,0547,0860,1075,1390,15120,20

ANEXO IV

Valor horas extraordinarias anos 2001, 2002, 2003

Categorías 2001H. diúrnaH. nocturnaH. festiva

Ptas.EurosPtas.EurosPtas.Euros

Persoal titulado e técnico

Director de departamento7.81546,978.93253,689.15555,02

Xefe de dpto. T.G.S. y T.G.M. con xefatura6.73040,457.69146,227.88447,38

Encargado de departamento, T.G.M.5.80934,916.63939,906.80540,90

Xefe de servicio con dirección, T.G.S. junior4.43926,685.07330,495.19931,25

Xefe de servicio4.19825,234.79728,834.91729,55

Encargado de sección3.96823,854.53427,254.64827,94

Inspector de obra3.73722,464.27125,674.37826,31

Delineante3.73722,464.27125,674.37826,31

Analista de laboratorio3.73722,464.27125,674.37826,31

Persoal administrativo

Xefe de sección/negociado3.96823,854.53427,254.64827,94

Subxefe de sección/negociado3.73722,464.27125,674.37826,31

Categorías 2001H. diúrnaH. nocturnaH. festiva

Ptas.EurosPtas.EurosPtas.Euros

Oficial 1ª administrativo3.50721,084.00824,094.10824,69

Oficial 2ª administrativo3.27719,703.74522,513.83923,07

Auxiliar administrativo3.04718,313.48220,933.56921,45

Encargado de cobradores-lectores3.27719,703.74522,513.83923,07

Insp. subministración/insp. saneamento3.27719,703.74522,513.83923,07

Cobrador-lector/cobrador/lector3.04718,313.48220,933.56921,45

Almaceneiro2.93217,623.35120,143.43420,64

Telefonista2.81716,933.21919,353.29919,83

Persoal operario

Encargado xeral3.96823,854.53427,254.64827,94

Subencargado xeral3.73722,464.27125,674.37826,31

Capataz3.50721,084.00824,094.10824,69

Subcapataz3.27719,703.74522,513.83923,07

Oficial 1ª operario3.04718,313.48220,933.65921,99

Oficial 2ª operario2.93217,623.35120,143.43420,64

Oficial 3ª operario2.87417,273.28519,743.36720,24

Peón especialista2.81716,933.21919,353.29919,83

Peón2.70216,243.08718,553.16519,02

Persoal subalterno

Conserxe3.16219,003.61421,723.70422,26

Ordenanza3.04718,313.48220,933.56921,45

Porteiro-vixilante-garda-sereno2.93217,623.35120,143.43420,64

Limpadora2.58615,542.95617,773.03018,21

Persoal sanitario

Médico (xornada 2 h. diarias)2.31913,942.65015,932.71616,32

ATS (xornada 3 h. diarias)2.29313,782.62015,752.68616,14

Acta final

Reunidos na sala de reunións da UTE Seragua-FCCSA, sita na rúa Cantabria, s/n, a comisión negociadora do convenio colectivo, composta polas persoas que a continuación se relacionan, acordan aproba-lo texto do convenio colectivo que se xunta, e en proba de conformidade, asinan a presente acta en Vigo o 16 de outubro de 2001.

Pola parte económica:

José Luis García Ibáñez.

Andrés F. Mariño Vilar.

Pola parte social:

Luis Rodríguez Pérez, presidente comité.

José Enrique Blanco Pereira, secretario comité.

Joaquín Suárez Davila.

Roberto García García.

Luis Ozores Pérez.

Guillermo García Hermida.

Manuel Rodríguez Rodríguez.

Luis Gayo Rivas.

Luis A. Clavo Iglesias.

Antonio A. Rey Breijo, delegado sindical (CC.OO.).

Eduardo Berjano Rodríguez, delegado sindical (UGT).

José M. Pereira Souto, delegado sindical (CIG).