Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.375

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2001 pola que se aproban os tipos de xuro máximos que as entidades financeiras aplicarán durante o primeiro semestre do ano 2002 ós préstamos en vigor dos convenios de axuda financeira ás Pemes dos anos 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000 e 2001 e do convenio de apoio financeiro ó sector pesqueiro de Galicia.

De conformidade cos convenios de colaboración de axuda financeira ás Pemes dos anos 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000 e 2001 e do convenio de apoio financeiro ó sector pesqueiro de Galicia (publicado mediante Resolución do 22 de xuño de 2001 no Diario Oficial de Galicia nº 133, do 10 de xullo), os tipos de xuro para exercicios futuros dos préstamos subvencionados pola Xunta de Galicia que se formalizaron ó abeiro dos ditos convenios serán variables por semestres naturais, establecéndose no texto dos correspondentes convenios o sistema de determinación do tipo de xuro.

Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do mibor e euribor durante o período establecido en cada convenio, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o primeiro semestre do ano 2002 ós

préstamos en vigor dos convenios de axuda financeira ás Pemes dos anos 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000 e 2001 e do convenio de apoio financeiro ó sector pesqueiro de Galicia serán os seguintes:

-Préstamos do convenio Pemes 1993: 5,10%.

-Préstamos do convenio Pemes 1994: 5,10%.

-Préstamos do convenio Pemes 1995: 5,10%.

-Préstamos do convenio Pemes 1996: 4,95%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,75 puntos, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de lle engadir ó tipo de referencia (3,18) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

-Préstamos do convenio Pemes 1997 e 1998: 4,50%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,25 puntos, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de lle engadir ó tipo de referencia (3,25) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

-Préstamos dos convenios Pemes 1999, 2000 e 2001 e do convenio de apoio financeiro ó sector pesqueiro de Galicia: 4,40%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,15 puntos, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de lle engadir ó tipo de referencia (3,262) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Segundo.-As entidades financeiras deberanlles comunicar ós beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.

Terceiro.-O tipo de xuro do préstamo resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, no poderá ser inferior ó límite fixado nos respectivos convenios. No caso de que sexa inferior, limitarase a subsidiación ata o citado límite. Para o caso de que o tipo de xuro nominal sexa igual ou inferior ó límite, suspenderase a subsidiación e o tipo de xuro que se vai aplicar á operación de préstamo será o que lle corresponda segundo o estipulado no punto primeiro desta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2001.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción

Económica