Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.359

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de novembro de 2001 pola que se conceden axudas económicas para alumnos e profesores de centros docentes que participen en proxectos de mobilidade transnacional no marco do programa europeo de formación profesional Leonardo da Vinci durante o ano 2001.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 12 de xullo de 2001, convocáronse axudas económicas para alumnos e profesores de centros docentes que participen en proxectos de mobilidade transnacional no marco do programa europeo de formación profesional Leonardo da Vinci durante o ano 2001.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo 5 da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322T.481.0, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo.

Segundo.-De acordo co artigo 7 as axudas serán aboadas da seguinte forma:

As axudas aboaranse unha vez rematada a actividade e logo da súa completa xustificación económica e entrega da memoria de actividades por parte da entidade colaboradora da xestión de axudas públicas, de acordo co establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, achegando a documentación á que fai referencia o punto 2º do artigo 8, no prazo máximo dun mes contado a partir do remate das actividades.

Terceiro.-Obrigacións dos centros beneficiarios.

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non acepta esta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memoria.

Os centros beneficiarios enviarán unha memoria das actividades realizadas, que inclúe:

a) Resumo do desenvolvemento da actividade realizada.

b) Obxectivos conseguidos.

c) Procedemento de avaliación utilizado, resultados obtidos e difusión que se realizou deles.

3.2. Xustificación de gastos efectuados.

No caso de centros educativos, unha certificación do consello escolar do centro aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada das facturas e recibos que servirán de xustificantes do proxecto realizado.

No caso de centros de formación continuada do profesorado, certificación do director/a aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada das facturas e recibos que servirán de xustificantes do proxecto realizado.

Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

CENTRO ESCOLARPROVINCIATÍTULO DO PROXECTOAXUDA

IES PORTA DA AUGALUGOOTTO78.201 pesetas

IES PORTA DA AUGALUGOEUROMEC, LA MECANICA EN EUROPA114.390 pesetas

IES DE TEISPONTEVEDRASPA PLACEMENTS232.940 pesetas

IES DE TEISPONTEVEDRAHAIRDRESSING AND BEAUTY THERAPY IN EUROPE568.375 pesetas

IES DE TEISPONTEVEDRABODYCARE IN SPAS209.646 pesetas

IES LAMAS DE ABADEA CORUÑAPASTH-EUR795.991 pesetas

CENTRO ESCOLARPROVINCIATÍTULO DO PROXECTOAXUDA

IES PASEO DAS PONTESA CORUÑACURTIDO Y ACABADO DE PIELES62.395 pesetas

IES AS FONTIÑASA CORUÑAPROBLEMAS DA XUVENTUDE NA EDUCACIÓN SECUNDARIA E PROFESIONAL638.922 pesetas

IES MACÍAS O NAMORADOA CORUÑAOÍN-2001919.978 pesetas

IES MONTE CASTELOLUGOPROFESIONAL EUROPEAN CONTACT FOR

VOCATIONAL HEALTH STUDENTS

709.636 pesetas

IES ESCOLAS PROVALPONTEVEDRAPROVAL 20001.359.700 pesetas

IES RIBEIRA DO LOUROPONTEVEDRAELECTRONIC COMMERCE IN EUROPE1.043.906 pesetas

ESCOLA DE ARTES MESTRE MATEOA CORUÑASTONEMASONRY SKILLS IN EUROPE896355 pesetas

TOTAL7.630.435 pesetas

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO