Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 21 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador OU 037/01C por infracción da Lei de caza.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación

para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa e, de se-lo caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 21 de novembro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 037/01C.

Denunciado: Ángel Méndez Martínez.

DNI: 34952683C.

Último enderezo coñecido: Viladequinta, Carballeda de Valdeorras, Ourense.

Feito denunciado: circular nun vehículo, matrícula OR-4101-T, levando un rifle marca FN Browning, número 207NV18434, cargado e listo para o disparo.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.33º da Lei de caza de Galicia. Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 20.000 pesetas.

Instructora: Miriam Areal López.