Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 16/2001, polo procedemento aberto, tramitado con carácter ordinario, para a contratación do servicio de limpeza e desinfección do edificio do Hospital de Piñor, pertencente a este complexo hospitalario.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo único, letra i), da Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), sobre delegación de competencias, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, modificada pola do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), convoca o seguinte concurso público nº 16/2001.

1. Entidade adxudicadora: Complexo Hospitalario de Ourense. Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais. Unidade de Contratación (edificio administrativo, planta baixa), rúa Ramón Puga, 52, 32005-Ourense. Tel.: 988 38 56 91, fax: 988 38 55 50.

2. Categoría do servicio e descrición.

a) Categoría: 14.

b) Descrición: servicio de limpeza e desifección do edificio do Hospital de Piñor pertencente ó Complexo Hospitalario de Ourense.

c) Orzamento máximo de licitación autorizado: 86.000.000 de pesetas para o período total da execución do contrato, IVE incluído (516.870,41 euros).

3. Lugar de execución: ver punto 14 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte do servicio de que se trate: non, a licitación será á totalidade do servicio.

6. Variantes: non se admiten.

7. Prazo de execución: 2 anos, contados desde a sinatura do contrato.

8. a) Solicitude de documentación: véxase o punto 1. Días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 14-1-2002.

Para consultar pregos: http://www.sergas.es.

9. a) Data límite de recepción das ofertas: 21-1-2002 (14 horas).

b) Enderezo: Complexo Hospitalario de Ourense. Rexistro xeral (edificio administrativo, planta baixa), rúa Ramón Puga, 52, 32005 Ourense.

c) Lingua (s): castelán ou galego.

10. a) Persoas admitidas á apertura das plicas: acto público.

b) Data, hora e lugar: 1-2-2002 (9 h). Sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais do Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52, Ourense.

11. Garantías esixidas: fianza provisional: 2% do orzamento máximo de licitación autorizado; fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

12.

13. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudiicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

14. Condicións mínimas: clasificación económica, grupo III, subgrupo 6, categoría B.

15. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura das plicas.

16. Criterios de adxudicación: ve-lo punto 12 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

17. Información complementaria: o pagamento dos anuncios será por conta do adxudicatario.

18. Data de publicación no Diario Oficial d las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: non se publicou.

19. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 28-11-2001.

20. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais de las Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 19 de novembro de 2001.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense