Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2001 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, da contratación de tres servicios de seguridade.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso, con expediente anticipado de gasto, dos seguintes contratos de servicios:

1. Contratación de persoal privado para servicio de seguridade nos centros dependentes da Delegación Provincial de Ourense (Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e Biblioteca Pública de Ourense).

Orzamento de licitación: catorce millóns setecentas cincuenta e oito mil catrocentas trinta e dúas pesetas (14.758.432 ptas.= 88.699,30 euros) IVE incluído, condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no orzamento prorrogado para o ano 2002.

Prazo de execución: doce (12) meses (febreiro 2002-xaneiro 2003).

Garantía provisional: dispensada.

Clasificación do contratista: non se esixe.

2. Contratación de persoal privado para servicio de seguridade nos centros dependentes da Delegación Provincial da Coruña -Museo de Belas Artes (A Coruña), Biblioteca Pública Miguel González Garcés (A Coruña) e Museo das Peregrinacións (Santiago de Compostela).

Orzamento de licitación: corenta e cinco millóns novecentas oitenta e unha mil cincocentas cincuenta e dúas pesetas (45.981.552 ptas.= 276.354,69 euros) IVE incluído, condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no orzamento prorrogado para o ano 2002.

Prazo de execución: doce (12) meses (febreiro 2002-xaneiro 2003).

Garantía provisional: dispensada.

Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 2, categoría B.

3. Contratación de persoal privado para servicio de seguridade na Dirección Xeral de Turismo en Santiago de Compostela.

Orzamento de licitación: cinco millóns cento seis mil seiscentas oitenta e catro pesetas (5.106.684 ptas.= 30.691,79 euros) IVE incluído, condicionado

á existencia de crédito adecuado e suficiente no orzamento prorrogado para o ano 2002.

Prazo de execución: doce (12) meses (febreiro 2002-xaneiro 2003).

Garantía provisional: dispensada.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os pregos de prescripcións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a estas contratacións no seguinte enderezo da Internet:

Delegación Provincial de Ourense: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=899

Delegación Provincial da Coruña: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 900

Dirección Xeral de Turismo: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 901

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. As empresas que licitan a máis dunha contratación, deberán presentar toda a documentación (sobres A, B, C) para cada un dos contratos.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do sétimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio deste concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2001.

P.D. (Orde do 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo