Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 8 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador de sanidade alimentaria 6/2001.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE del 27 de novembro), notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación da proposta de resolución do expediente sancionador nº 6/2001, incoado por infracción ó Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, que fixa as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización de productos pesqueiros e da acuicultura, modificado polo Real decreto 1840/1997, do 5 de decembro. O expedientado dispón do prazo de quince días para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (avda. de Zamora, nº 13), co fin de poder presenta-las alegacións correspondentes, se o considera oportuno, segundo preceptúa o artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de

agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

1. Expediente sancionador: nº 6/2001.

Denunciada: Delia Fernández Rodríguez.

DNI: 34980980.

Último enderezo coñecido: rúa Sampaio, nº 18, de Ourense.

Ourense, 8 de novembro de 2001.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense