Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se otorgou o permiso de investigación nomeado Pedra Pais 02, 2939.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con data 15-10-2001 se outorgou a Pedra Pais, S.L., o permiso de investigación nomeado Pedra Pais 02, 2939, de tres cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

1 8º 29' 00''42º 18' 00''

2 8º 29' 20''42º 18' 00''

3 8º 29' 20''42º 18' 20''

4 8º 29' 40''42º 18' 20''

5 8º 29' 40''42º 18' 40''

6 8º 29' 00''42º 18' 40''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 12 de novembro de 2001.

Carmen Bianchi Vacarce

Delegada provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO