Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.313

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se empraza a Juan Manuel Rodríguez Amil no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 64/2001, interposto perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícaselle a Juan Manuel Rodríguez Amil, con último enderezo coñecido na Travesía de Vigo número 56-2º, 36206 (Vigo), que foi interposto recurso contencioso-administrativo número 64/2001 perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres de Pontevedra (recorrente: Claudio Barreiro Martínez); acto recorrido: resolución da Consellería de Medio Ambiente por obras abusivas na servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre).

De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, emprázase a Juan Manuel Rodríguez Amil para que poida comparecer perante o citado xulgado no prazo de nove días contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2001.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural