Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2001 Páx. 16.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 25 de outubro de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización, pavimentación e dotación de servicios dunha vía peatonal na r/ Coruña, sendo do teor do acordo o seguinte:

Aprobado inicialmente o proxecto de urbanización, pavimentación e dotación de servicios dunha vía peatonal na r/ Coruña, por decreto a da Alcaldía-Presidencia do 10 de agosto de 2001, e sometido a información pública polo prazo dun mes no DOG nº 170, do 3 de setembro, no xornal La Voz de Galicia do 23 de agosto de 2001 e no taboleiro de anuncios do concello no período do 13 de agosto ata o 8 de outubro de 2001, non se presentaron alegacións, segundo consta no informe do rexistro xeral. Polas razóns expostas, a Comisión Informativa de Urbanismo, na sesión do 11 de outubro de 2001, por unanimidade, acordou propoñer ó Pleno do Concello a adopción dos seguintes acordos: primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización, pavimentación e dotación de servicios dunha vía peatonal na r/ Coruña, promovido por Autos Alcoven, S.L. e redactado polo arquitecto Alfredo Garrote Pazos. Segundo.-Proceder á súa publicación regulamentaria. Non obstante, o pleno resolverá.

O que se fai público para xeral coñecemento, podéndose interpor contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou a presente resolución, dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 do Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE 14-7-1998).

Ferrol, 9 de novembro de 2001.

Xaime Bello Costa

Alcalde