Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2001 Páx. 16.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno de Ferrol, en sesión do vintecinco de outubro do ano en curso, aprobou definitivamente o estudio de detalle para a reordenación do volume e completamento das aliñacións na r/ Coruña 40-42, sendo do teor do acordo o seguinte:

Aprobado inicialmente o estudio de detalle para a reordenación do volume e completamento das aliñacións na r/ Coruña 40-42, por Decreto da Alcaldía-Presidencia do 6 de xullo de 2001, e sometido a información pública polo prazo dun mes no DOG nº 170, do 3 de setembro, no xornal La Voz de Galicia do 9 de agosto de 2001 e no taboleiro de anuncios do concello no período do 2 de agosto ata o 8 de outubro de 2001, notificados os propietarios afectados, non se presentaron alegacións, segundo consta no informe do rexistro xeral do 11 de outubro. Polas razóns expostas, a Comisión Informativa de Urbanismo, na sesión do 11 de outubro de 2001, por unanimidade, acordou propoñer ó Pleno do Concello a adopción dos seguintes acordos: primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para a reordenación do volume e completamento das aliñacións na r/ Coruña 40-42, promovido por Autos Alcoven, S.L. e redactado polo arquitecto Alfredo Garrote Pazos no ámbito do solo urbano sito na r/ Coruña 40-42.

Segundo.-Proceder á súa publicación regulamentaria.

O que se fai público para xeral coñecemento, pódéndose interpor contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou a presente resolución, dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Con

tencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 do Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE 14-7-1998).

Ferrol, 9 de novembro de 2001.

Xaime Bello Costa

Alcalde