Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2001 Páx. 16.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PALAS DE REI

ANUNCIO de licitación.

Aprobados os pregos de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerán o contrato de consultoría e asistencia técnica consistente na redacción de proxectos técnicos para infrestructuras municipais e dirección de obra, exponse ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos polo artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido no artigo 122.21º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións, a licitación aínda que esta se apraza no suposto de producirse reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución pola corporación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Palas de Rei.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: asistencia técnica consistente.

b) Lugar de execución: Palas de Rei.

c) Prazo de execución: 2 anos, prorrogables por períodos anuais mentes non sexa denunciado por calquera das partes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: vixente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: non se esixe.

6. Obtención de información: Concello de Palas de Rei. Avda. Compostela nº 28. Teléfono: 982 38 00 01. Fax: 982 37 40 15.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar que a actividade ten relación directa co obxecto do contrato (artigo 197 TRLCAP 2/2000).

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite: o oitavo día natural seginte ó da publicación deste anuncio no DOG e no BOP de Lugo, tomando como data para o comezo do cómputo o seguinte ó da última publicación que se produza.

b) Documentación que integrará as ofertas:

Sobre A: comprenderá todos e cada un dos documentos que se sinalan no prego de condicións (documentación administrativa).

Sobre B: comprenderá a oferta económica, segundo o modelo que se establece nos pregos.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Palas de Rei. Avda. Compostela nº 28. CP 27200, Palas de Rei, Lugo.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes contado desde a data en que remate o prazo de presentación das ofertas.

8. Apertura de ofertas: na Casa do Concello de Palas de Rei, o 3º día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación, ás doce horas, agás sábados.

Palas de Rei, 20 de novembro de 2001.

O alcalde

Rubricado