Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 238, do 11 de decembro, cómpre efectua-las seguintes correccións:
Na páxina 15.656, base IV, no primeiro parágrafo, onde di: «... as relacións independentes de aspirantes que superaron o proceso selectivo...», debe dicir: «... as relacións independentes de aspirantes que superaron o proceso selectivo, tanto polo sistema de acceso libre como polo de promoción interna...».
No anexo I, no enderezo especificado no pé del, deberá engadirse «Santiago de Compostela».