Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2001 Páx. 16.260

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 29 de novembro de 2001 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de inspección pesqueira.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 238, do 11 de decembro, cómpre efectua-las seguintes correccións:

Na páxina 15.646, base IV, no primeiro parágrafo, onde di:«... a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo por orde de puntuacións acadadas...», debe dicir: «... as relacións independentes de aspirantes que superaron o proceso selectivo, tanto polo sistema de acceso libre como polo de promoción interna, por orde de puntuacións acadadas...».

No segundo parágrafo, onde di: «o presidente do tribunal número 1 enviaralle proposta da lista de aprobados ó director xeral da Función Pública...», debe dicir: «o presidente do tribunal número 1 enviará proposta conxunta de ámbalas dúas listas de aprobados ó director xeral da Función Pública...».

No anexo I, no enderezo especificado no pé del, deberá engadirse «Santiago de Compostela».

No anexo II, onde di: «I.-Base II.1.2.1.», debe dicir: «I.-Base II.1.1.», onde di: «II.-Base II.1.2.2.», debe dicir: «II.-Base II.1.2.», onde di: «III.-Base II.1.2.3.», debe dicir: «III.-Base II.1.3.», onde di: «IV.-Base II.1.2.4.», debe dicir: «IV.-Base II.1.4.»