Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2001 Páx. 16.260

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 29 de novembro de 2001 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de vixilancia pesqueira.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 238, do 11 de decembro, cómpre efectua-las seguintes correccións:

Na páxina 15.666, base IV, no primeiro parágrafo, onde di: «... as relacións independentes de aspirantes que superaron o proceso selectivo...», debe dicir: «... as relacións independentes de aspirantes que superaron o proceso selectivo, tanto polo sistema de acceso libre como polo de promoción interna...».

Na páxina 15.666, base V.4., terceiro parágrafo, onde di: «... pida ser desempeñada...», debe dicir: «... poida ser desempeñada...».

No anexo I, no enderezo especificado no pé del, deberá engadirse: «Santiago de Compostela».