Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2001 Páx. 16.237

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 18 de decembro de 2001 pola que se desenvolve o Decreto 306/2001, do 15 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, en materia de xestión de créditos orzamentarios.

A aprobación da nova estructura orgánica da Xunta de Galicia polo Decreto 306/2001, do 15 de decembro, desenvolvido polos decretos 309 e 310/2001, do 17 de decembro, fai necesario adaptar parcialmente o marco de titularidade da xestión establecido no orzamento da Comunidade Autónoma para 2001. Os criterios utilizados responden a razóns de identificación competencial, aínda que nalgún caso obedecen a motivos estrictamente operativos, de xeito que a execución dos créditos e dos expedientes que dela derivan non resulten afectados. Por outra banda, tívose en conta que a peculiaridade representada polo escaso período de tempo que resta ata a finalización do actual exercicio fai aconsellable non modifica-la estructura dos códigos orzamentarios.

Na súa virtude, e conforme a facultade conferida pola disposición derradeira segunda da Lei 4/2000, do 27 de decembro, e a disposición derradeira primeira do Decreto 310/2001, do 15 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Un.-Os créditos recollidos no estado de gastos do orzamento da Comunidade Autónoma para 2001, cos códigos que se detallan a seguir, serán xestionados polas consellerías que se indican:

Código de

sección

ServicioProgramaConceptoConsellería

0403213A-Emigración e Cooperación Exterior

0405111E790.0Emigración e Cooperación Exterior

0413121A490.0Emigración e Cooperación Exterior

0413121A790.0Emigración e Cooperación Exterior

0603342A710.0Medio Ambiente

0603412A410.0Medio Ambiente

0603412A710.0Medio Ambiente

0650--Medio Ambiente

1103--Asuntos Sociais

2301511A442.0Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

2301511A740.0Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

Dous.-A xestión dos restantes créditos do orzamento de gastos para 2001, asignados a seccións de carácter administrativo, levarana a cabo as consellerías inte

gradas na nova estructura de acordo coa seguinte táboa de equivalencias:

SecciónConsellería

04Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública

05Economía e Facenda

06Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

07Educación e Ordenación Universitaria

08Industria e Comercio

09Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

10Cultura, Comunicación Social e Turismo

11Sanidade

12Pesca e Asuntos Marítimos

13Xustiza, Interior e Relacións Laborais

14Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

15Medio Ambiente

16Asuntos Sociais

17Emigración e Cooperación Exterior

Tres.-O criterio establecido nos epígrafes precedentes será tamén aplicable á xestión dos créditos incorporados ó orzamento de 2001 procedentes de exercicios anteriores.

Artigo 2º

A codificación do orzamento de gastos para 2001 mantense invariable. En tal sentido, a expedición de documentos de xestión orzamentaria e a súa posterior contabilización continuará realizándose de acordo coas mesmas claves utilizadas no momento da entrada en vigor do Decreto 306/2001, do 15 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma dictará as instruccións necesarias para a fiscalización dos expedientes derivados da xestión dos créditos ós que se fixo referencia.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2001.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda