Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.225

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ARANXES, S. COOP. GALEGA

ANUNCIO.

Na asemblea xeral universal que tivo lugar o 1 de setembro de 2001 no domicilio social acordouse por unanimidade cambia-lo obxecto social e, en consecuencia, o artigo 3º dos estatutos sociaeis e, concretamente a letra a), que terá a seguinte redacción e desagregación:

a) A adquisición e utilización de maquinaria agrícola en común.

b) A explotación de gando, así como adquirir, producir, elaborar, e fabricar por calquera procedemento, para a cooperativa ou para as explotacións dos seus socios, animais, pensos, fertilizantes, plantas, sementes, insecticidas, materiais, instrumentos, maquinaria, instalacións, e calquera outro elemento necesario ou conveniente para a producción e o fomento agrario.

Monfero, 10 de decembro de 2001.

Manuel Figueiras Freire

Presidente do consello rector