Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.225

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ANUNCIO público.

Rematado o período de reclamacións e publicadas as listaxes definitivas dos aspirantes admitidos e excluídos ó proceso de selección aprobado polo acordo do 4 de agosto de 2001, a Fundación Pública Hospital da Barbanza anuncia:

1. Proba teórica eliminatoria: terá lugar o vindeiro 12 de xaneiro de 2002, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela; San Lázaro s/n. A proba consistirá nun test psicotécnico e de coñecementos comprendidos nos temarios publicados no DOG nº 52, do 14 de marzo de 2001.

Os chamamentos serán os seguintes:

CategoríaHora

ATS/DUE 16

Fisioterapeuta 16

TER 16

Auxiliar enfermería18.35

PSX18.35

2. Lémbrase que tódolos candidatos que acudan á realización da proba deberán leva-lo orixinal do DNI, pasaporte ou permiso de conducir. No caso de non presentaren ningún destes documentos non poderán face-las probas. Tódolos candidatos convocados á realización das probas que non se presenten quedarán inescusablemente rexeitados do proceso de selección.

Ribeira, 12 de decembro de 2001.

Salustiano González Vinagre

Director da Fundación Pública Hospital da Barbanza