Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/226).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado II L.M.T. Meirama-As Encrobas (expte. nº 226/1996).

Situación: Cerceda.

Descricións técnicas: recuamento L.M.T. aérea a 20 kV Meirama-As Encrobas entre os apoios nº 2 anterior ó C.T. Gontón e o nº 5 despois do dito C.T., de 1.295 m de lonxitude con conductor LA-56.

Ramal de 24 m con conductor LA-56, que parte do apoio nº 2 da variante e finaliza no C.T. Gontón que se vai instalar, de 100 kVA tipo aéreo. Concello de Cerceda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 5 de novembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña