Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 31 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/380).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. R.B.T., r/ Mancebo, nº 6.

Situación: Pontedeume.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea, cunha lonxitude de 276 m, con orixe na L.M.T.S. do C.T. Vilanova ó C.T. Ponte (expte. 313/1999), conductor tipo R.H.V. e final no C.T.C. proxectado r/ Mancebo, nº 6.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V. Enlace liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 129 m, con orixe nos pasos aéreo-subterráneos de saídas do C.T.C. proxectado r/ Mancebo, nº 6, conductor tipo R.Z.

Saídas red de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 70 m, con orixe no C.T.C. proxectado r/ Mancebo, nº 6, conductor tipo R.V. Concello de Pontedeume.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 31 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña