Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 31 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/375).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee, A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. o R.B.T. Lestelle e Magor.

Situación: Outes.

Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 634 m, con orixe no apoio nº 75 da L.M.T. existente Outes-Muros (expte. nº 29103), conductor tipo LA 56/54,6 mm e final no C.T. Lestelle. Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V.

Liña de baixa tensión aérea cunha lonxitude de 311 m, con orixe no C.T. Lestelle e conductor tipo R.Z.

Liña de baixa tensión aérea cunha lonxitude de 736 m con orixe no C.T. Magor existente e conductor tipo R.Z. Concello de Outes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación pro

vincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 31 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña