Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/283).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Uxes. Modificado I.

Situación: Arteixo y Culleredo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV baixo tubo e con conductor R.H.Z.1. a 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 3.720 m de lonxitude, con orixe no apoio que se vai intercalar entre os apoios 34 e 35 da liña GRN 704 ó seu paso por Uxes, entrando e saíndo do C.T. Uxes, que se vai instalar, e que, discorrendo polos concellos de Arteixo e Culleredo pola estada C.P. 0510, finaliza no C.T. Orro, existente.

Centro de transformación tipo caseta prefabricada de formigón en Uxes, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón, e conductor R.Z. de 131 m de lonxitude, que se conectará á rede existente. Concellos de Arteixo e Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 5 de novembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña