Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2001 pola que se lles dá publicidade ás resolucións de adxudicación dos contratos de subministración que se citan.

Por resolucións do secretario xeral, actuando no nome do conselleiro da Presidencia e Administración

Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 22 de febreiro de 1999, resolveu adxudica-los seguientes contratos:

-Contratación da subministración dun servidor para o sistema de correo electrónico corporativo da Xunta de Galicia, convocada mediante concurso público, por procedemento aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 30 de xullo de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 29 de agosto deste ano.

Adxudicatario: QED Systems, S.L.

Importe: 4.650.654 pesetas, IVE incluído.

-Contratación da subministración de licencias de software para os servidores da plataforma do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA), convocada mediante concurso público, por procedemento aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 30 de xullo de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia do 29 de agosto deste ano.

Adxudicatario: Desarrollo Informático, S.A. (Dinsa).

Importe: 21.077.200 pesetas, IVE incluído.

-Contratación da subministración dun servidor para os servicios e aplicacións web institucionais da Xunta de Galicia, convocada mediante concurso público, por procedemento aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 30 de xullo de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 29 de agosto deste ano.

Adxudicatario: QED Systems, S.L.

Importe: 5.425.940 pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública