Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.207

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (499/2001).

Yo, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 499/2001 seguidos pola instancia de Inés Blas Aguiar contra Belan Textil, S.L. sobre despedimento, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 6-9-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por Inés Blas Aguiar, contra a empresa Belan Textil, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da actora e non sendo posible a readmisión no seu posto de traballo debo declarar resolta a relación laboral entre as partes, condenando a dita demandada a que faga o pagamento á actora polo concepto de indemnización na suma de 314.000 pesetas, máis os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, a contar desde a notificación desta resolución, e no propio termo se o recorrente fose patrón deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, sen os cales requisitos non poderá terse por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Belan Textil, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido na Lagoa, Mondego, 5, Sada, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 21 de novembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado