Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2001, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, expediente de tramitación anticipada de gasto para a contratación dunha asistencia técnica para a elaboración do inventario dos bens mobles a que fai referencia o artigo 151 e) do Regulamento do patrimonio e unha guía de procedementos.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia concurso público por procedemento aberto e tramitación ordinaria, expediente de tramitación anticipada de gasto para a contratación dunha asistencia técnica para a elaboración do inventario dos bens mobles

a que fai referencia o artigo 151 e) do Regulamento do patrimonio e unha guía de procedementos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 38/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a elaboración do inventario dos bens mobles a que fai referencia o artigo 151 e) do Regulamento do patrimonio e unha guía de procedementos.

c) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria (anticipada de gasto).

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: noventa mil cento cincuenta e un euros con oitenta e dous céntimos (90.151,82 euros ou 15.000.000 de pesetas) IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 1.803,04 euros ou 300.000 pesetas.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario.

b) Enderezo: rúa San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de documentación e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

A xustificación da solvencia económica realizarase por algún dos medios sinalados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño. A xustificación da solvencia técnica, segundo se indica no artigo 18 da mesma norma.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación a presentar: a indicada nas cláusulas 5.3, 5.4 e 5.5 do P.C.A.P.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, rúa San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, rúa San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 12 horas do quinto día natural, que non coincida en sábado ou día inhábil, seguinte ó de remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda