Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.206

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 399/2001, do 11 de decembro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun predio de 138 metros cadrados, propiedade do Concello da Coruña, que se vai a engadir a outro de 5.102 metros cadrados, con destino á construcción dun centro de saúde en Matogrande (A Coruña).

O Pleno do Concello da Coruña, en sesión que tivo lugar o 18 de outubro de 1999, acordou cederlle gratuitamente ó Servicio Galego de Saúde unha superficie de 5.102 metros cadrados para a construcción dun centro de saúde, a cal foi aceptada polo Consello da Xunta polo Decreto 95/2000, do 6 de abril (DOG nº 79, do 25 de abril). Posteriormente, mediante acordo plenario do 23 de abril de 2001 cédense ó dito organismo 138 metros cadrados mais para engadi-los anteriores.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto. Por outra banda, o artigo 23.1º da mesma lei establece que non poderán adquirirse bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor global dos gravames, cargas e afeccións impostas sobre eles supera o seu valor intrínseco. Non se considerarán carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e presidente do Servicio Galego de Saúde, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de decembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Acéptase a cesión a título gratuíto dun predio feito polo Concello da Coruña a favor do Servicio Galego de Saúde, para engadir a outro de 5.102 metros cadrados, cedido con anterioridade con destino á construcción dun centro de saúde en Matogrande.

2. A parcela que se acepta ten unha superficie de 138 metros cadrados e figura inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña nº 6 no tomo 1.551, libro 22, folio 1, predio 661, sección; as súas estremas son as seguintes:

-Norte: ronda Camilo José Cela, separa do terreo do Barrio das Flores.

-Sur: r/ Sebastián Martínez-Risco, separa do Colexio Liceo La Paz.

-Leste: resto do predio matriz-predio rexistral nº 63999, nº rexistro: 2.

-Oeste: predio adquirido polo Decreto 95/2000, do 6 de abril, hoxe parcela catastral 8692002.

Artigo 2º

O inmoble acéptase segundo o establecido nos artigos 23.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e 38 do seu regulamento, e destinarase á construcción dun novo centro de saúde en Matogrande (A Coruña).

Artigo 3º

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, procederá a formalización da aceptación no correspondente documento público, integrándose no seu patrimonio propio.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, once de decembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO