Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2001 pola que se publica a contratación da subministración de vestiario con destino á policía local.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato: a) Subministración de vestiario con destino á Policía local. b) Prazo de entrega: corenta e cinco días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento de licitación: 9.000.000 de pesetas, incluído todo xéreno de gastos e IVE.

5. Garantías: provisional: 180.000 pesetas. Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego. c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas. d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación ás 9 horas do luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos: a) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios. b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE. c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa orde

nanza fiscal reguladora da taxa. d) Os de transporte e entrega da subministración.

Pontevedra, 29 de outubro de 2001.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Raimundo González Carballo

Tenente de alcalde