Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 30 de outubro de 2001, acordou suspender por un ano, en todo o termo municipal, o procedemento de outorgamento de licencias de obra e de uso e funcionamento de actividades relacionadas coas instalacións de antenas e estacións urbanas ou rurais de telefonía móbil ou fixa, coa finalidade de modifica-lo Plan Xeral de Ordenación Municipal e ordenanzas deste para regula-los requisitos ós que deberá aterse o concello na concesión das ditas licencias de obra, instalación e apertura; afecta tamén esta suspensión a tódolos solicitantes de licencias que se presentaran no concello, antes da entrada en vigor do acordo de suspensión, o día de publicación no último BOP ou DOG.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 27.1º da Lei do solo do 9 de abril de 1976, e artigo 34.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia; os interesados poden interpor ante este Concello, no prazo dun mes, recurso potestativo de reposición, de conformidade co artigo 116 de Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente no prazo dun mes recurso

contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa ou calquera outro recurso que consideren conveniente.

Poio, 8 de novembro de 2001.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde