Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno do Concello, na sesión do 6 de novembro de 2001, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) para a creación da ordenanza especial número 6 (OE-6) en Xoán XXIII -Universidade) na que se define con precisión o novo réxime urbanístico aplicable á parcela, propiedade da Universidade de Santiago de Compostela, delimitada pola avenida de Xoán XXIII, a rúa da Estila e rúa e travesa da Costa Nova, na que actualmente se atopan o colexio público López Ferreiro e as escolas universitarias de maxisterio e enfermería, segundo o proxecto formulado polos servicios técnicos municipais.

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial da modificación determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación, para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo