Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador P-P-2001/109 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Poderán ser recusados en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para resolver este expediente é competente o delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra, de acordo co artigo 40.3º da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, en relación co Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, presentar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndoos de que, de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

O prazo máximo para dictar resolución no presente expediente é de seis meses contados a partir da data deste acordo de incoación, o que notifico de acordo co artigo 42 da Lei 4/1992, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 9 de novembro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-P-2001/109.

Denunciado: Miguel A. Martínez Diz.-Ed. Jufersa, 5º B-As Carolinas, Vilagarcía de Arousa.

DNI: 35 461 509.

Feitos denunciados: pescar con cebo non autorizado -escalo- en masas de auga salmoneiras. O denunciado atopábase co cebo dentro da auga, ás 9.30

horas do día 3 de xuño de 2001, no río Umia ó seu paso por Lantañón, no concello de Portas.

Data do acordo de incoación: 27-8-2001.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia, en relación co artigo 3 e anexo II da Orde do 20-1-2000 pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 20.000 pesetas (120,20 euros).

Expediente: P-P-2001/134.

Denunciado: Alfredo Urrabieta Calvo-Doutor Loureiro Crespo, 41, de Pontevedra.

DNI: 31 141 453.

Feitos denunciados: pescar con máis artes das autorizadas, 2 canas e 2 liñas de man. Pesca desde embarcación ó currican. Negouse á súa identificación, polo que foi precisa a presencia da Policía Autonómica, e fixo caso omiso da chamada dos axentes. Feitos acontecidos ás 8.15 horas do día 29 de xuño de 2001, no río Lérez-intermareal, Monte Porreiro, no concello de Pontevedra.

Data do acordo de incoación: 6 de setembro de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 33.4º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia, en relación co artigo 51 do Decreto 130/1997, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 8.000 pesetas (48,08 euros).

Expediente: P-P-2001/142.

Denunciado: Antonio Pereira Mendes-Torneiros Fase, 3 bloque, 4 Ptal. 7 baixo A-O Porriño.

DNI: X-0580249.

Feitos denunciados: pescar sen levar consigo a licencia de pesca, ás 18.15 horas do día 8 de xullo de 2001, na lagoa das Barreiras, lugar de Pontellas-Centeáns, no concello do Porriño.

Data do acordo de incoación: 7 de setembro de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 33.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 2.000 pesetas (12,02 euros).