Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da iniciación do expediente sancionador de caza C-23/2001, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a iniciación do correspondente expediente sancionador por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño de caza de Galicia (DOG do 11 de xullo).

Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias da Xunta de Galicia. A resolución será acordada polo delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución para examina-lo expediente nesta delegación provincial de Medio Ambiente, sita na Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo, e presenta-las alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 18 de outubro de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: C-23/2001.

Denunciado: José Ramón Rivera Iglesias.

DNI: 76.531.096.

Enderezo: Acceso Grupo Escolar, nº 6-1º. Viveiro. Lugo.

Feitos imputados.: transportar nun vehículo marca Land Rover, matrícula C-5028-W, unha escopeta desenfundada e lista para o seu uso, aínda que descargada, en época hábil. Feitos constatados o día 30-9-2001, ás 19.15 h, en Monte Maior. Viveiro. Lugo.

Precepto infrinxido: 57.33º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Cualificación da sanción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas.