De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a iniciación do correspondente expediente sancionador por infracción á Lei 4/1997, de 25 de xuño, de caza de Galicia, (DOG 11 de xullo).
Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias da Xunta de Galicia. A resolución será acordada polo director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente).
O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución para examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo, e presenta-las alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.
Lugo, 18 de outubro de 2001.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: C-25/2001.
Denunciado: Nilo López Conde.
DNI: 34954511-P.
Enderezo: San Paio, nº18-3º C. Ourense,
Feitos imputados.: cazar tendo caducado o seguro obrigatorio do cazador con data do 19-9-2001. Feitos constatados o día 30-9-2001, ás 13.15 h, no couto LU-10.044 A Caxigueira. Arxiz. Taboada. Lugo.
Precepto infrinxido: 58.31º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.
Cualificación da sanción: grave.
Sanción: 100.001 pesetas.
Inhabilitación: para obte-la licencia de caza e para a práctica desta actividade por un período dun ano e un día.