Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.156

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (309/2000).

Eu, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, certifico:

Que nos autos que despois se dirá recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva seguintes:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 5 de setembro de dous mil un. Visto pola sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, constituída como tribunal unipersoal por Ángel Pantín Reigada, presiendente dela, o recurso de apelación interposto por Beatriz Fernández Paredes, contra a sentencia dictada en data de 14 de febreiro de 2001 polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira nos autos de xuízo de faltas nº 309/2000 deste xulgado e rexistrados como rolo de apelación de xuízo de faltas número 68/2001 desta sección, nos que son parte como apelante Beatriz Fernández Paredes e como apelado Manuel María Vilaso Ferreiros, procede formula-los seguintes antecedentes de feito, feitos probados, fundamentos de dereito e decisión.

Decido que, desestimando o recurso de apelación formulado por Beatriz Fernández Paredes, fronte á sentencia do 14 de febreiro de 2001, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira nos autos de xuízo de faltas deste

xulgado número 309/2000, confírmase esta, con imposición á apelante das custas de apelación. Notifíqueselles esta sentencia, en legal forma, ás partes, facéndolles saber, conforme perceptúa o artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial, que aquela é firme e que contra ela non cabe ningún recurso. Devólvanse as actuacións orixinais con testemuño desta resolcuión ó xulgado de procedencia para a súa execución e cumprimento. Así por esta miña sentencia, da que porá certificación literal no rolo da súa razón, incluíndose o orixinal no libro de sentencias, definitivamente xulgando por esta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Beatriz Fernández Paredes, expido e asino este edicto.

Ribeira, dezaseis de novembro de dous mil un.

O secretario

Rubricado