Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.156

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (218/1999).

Eu, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira certifico que nos autos que despois se dirá recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva seguintes:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 24 de setembro de 2001. Visto pola sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede nesta cidade, constituída como tribunal unipersoal polo

maxistrado José Ramón Sánchez Herrero, o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada en data 8 de novembro de 2000, polo Xulgado de Instrucción número tres de Ribeira, nos autos de xuízo de faltas número 218/1999 (rolo de apelación número 30/2001), do que son parte, como apelante, o Ministerio Fiscal, e como apelado, Adolfo Borja Barrul, procede formula-los seguintes antecedentes de feito, feitos probados, fundamentos de dereito e decisión.

Decido que, desestimando o recurso de apelación formulado polo Ministerio Fiscal contra a sentencia do 8-11-2000, dictada no xuízo de faltas número 3 de Ribeira, debo confirmala e confírmoa, sen facer imposición das custas do recurso. Contra esta resolución non cabe ningún recurso ordinario. Devólvanse os autos orixinais ó xulgado de que proceden, con testemuño desta sentencia para o seu coñecemento e cumprimento. Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ó rolo, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Adolfo Borja Barrul, expido e asino esta cédula.

Ribeira, sete de novembro de dous mil un.

O secretario

Rubricado