Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.155

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DE VIGO

EDICTO-CÉDULA de notificación (298/2001).

No procedemento de referencia dictouse a sentencia co encabezamento e decisión que di:

Sentencia.

En Vigo o dezaoito de xuño de dous mil un.

Eu, Francisco Javier Romero Costas, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número

dez de Vigo, vistos os autos seguidos neste xulgado co número 298/2001, por instancia da entidade Esperela, S.L., representada polo procurador José V. Gil Tránchez contra Erea & Iziar, S.L., rebelde, sobre xuízo verbal de desafiuzamento por falta de pagamento, fundamentos de dereito e decisión...

Decisión: acollendo as demandas acumuladas deducidas polo procurador José V. Gil Tránchez en nome e representación da entidade Esperela, S.L. contra a mercantil Erea Iziar, S.L., debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento existente entre eles sobre o local/oficina letra C do nº 27 da r/ Urzaiz de Vigo, condenándoo a estar e pasar por esta resolución, deixando libre á disposición do actor o dito inmoble. Así mesmo, déboo condenar a que lle aboe ó actor as rendas correspondentes ós meses de xaneiro, febreiro, maio e xuño a razón de 50.417 pesetas (303,01 euros) cada un, máis as 834 pesetas (5,01 euros) non pagadas nas rendas de marzo e abril de 2001, así como ó xuros pactados desde que non se paga e ós que poidan derivarse ata a entrega do inmoble. Esta sentencia será firme se non é recorrida en apelación dentro dos cinco días seguintes á súa notificación para ante a Audiencia Provincial, por medio do correspondente escrito de preparación conforme o art. 457 LEC,

acreditando debidamente ter constituído o depósito polo importe das cantidades obxecto de condena, no establecemento existente para o efecto (conta deste xulgado no BBVA), segundo o art. 449.3º da LEC, que se substanciará por medio de escrito razoado no seu momento, logo de traslado conforme o art. 458 e ss. da LEC. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro da entidade Erea Iziar, S.L., esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, trinta e un de outubro de dous mil un.

O secretario

Rubricado