Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.126

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 14 de decembro de 2001 pola que se dispón o nomeamento do presidente do Consello Regulador Provisional da denominación específica Mel de Galicia.

A Orde do 1 de outubro de 1997 desta consellería recoñece a denominación específica Mel de Galicia para os meles producidos e envasados en Galicia no xeito e condicións que determine o seu regulamento particular, e nomea o seu consello regulador provisional.

A Orde do 22 de xaneiro de 1999, da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, modificou a composición deste consello regulador; na actualidade atópase vacante o cargo de presidente.

A competencia para efectuar nomeamentos e cesamentos dos presidentes dos consellos reguladores das denominacións de orixe e específicas correspóndelle, de conformidade co artigo 89 e concordantes da Lei 25/1970, do 2 de decembro, ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, unha vez asumidas as funcións na materia, de acordo coa competencia recollida no artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Por todo iso, de conformidade co previsto e no uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméase presidente do Consello Regulador provisional da denominación específica Mel de Galicia a Manuel Lovelle Dasilva.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2001.

Juan Miguel Díz Guedes

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria