Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.126

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 29 de novembro de 2001 pola que se clasifica como de interese social a Fundación Terra de Trasancos.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Terra de Trasancos, con domicilio na sede da Sociedad Cooperativa del Campo de O Val no lugar de Vilacornelle O Val s/n, 15541 Narón, A Coruña.

Supostos de feito.

1. José García Rey, na súa calidade de representante da fundación, en escrito do 14 de novembro de 2001 formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Narón, o día 18 de abril de 2001, ante o notario Luis C. Landeiro Aller, co número 1105 do seu protocolo, por José García Rey, José Antonio Graña Sánchez, Marcelino Montero López, Juan Gato Díaz, Manoel Dopico Rodríguez, Antonio Martínez Aneiros, Justo Rodríguez Saavedra, Andrés

López López e Jesús Ángel Dopico Castro. Interveñen os dous primeiros, ademais de en por si, en nome e representación da Sociedad Cooperativa Santa María de O Val, Sociedad Cooperativa Limitada, Juan Gato Díaz en nome e representación do Concello de Narón, en virtude do seu cargo de alcalde-presidente; os demais interveñen no seu propio nome. Por escritura do 14 de xuño de 2001, co número 1591, rectifícase o outorgan terceiro.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, é obxecto da fundación a promoción social, cultural e económica da súa área de influencia. En particular, recoñécense como fins preferentes a promoción da formación e a promoción e difusión do cooperativismo e das relacións intercooperativas no seu ámbito territorial de actuación.

4. O padroado da fundación estará constituído por José García Rey como presidente, José Antonio Graña Sánchez como vicepresidente, Marcelino Montero López como secretario, e Juan Gato Díaz, Manoel Dopico Rodríguez, Antonio Martínez Aneiros, Justo Rodríguez Saavedra, Andrés López López e Jesús Ángel Dopico Castro como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese social da Fundación Terra de Trasancos, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, cómpre a súa clasificación como de interese social e a súa adscrición á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 27 de novembro de 2001.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese social a Fundación Terra de Trasancos e adscribila á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública